Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2013

Libros de texto e material escolar

Xa están publicadas na web do colexio as  listaxes de libros de texto e material escolar para o curso 2013-2014.  Lembrámosvos que o prazo para  solicitar axudas para os libros de texto  está aberto ata o 3 de xullo de 2013. Finalmente, a ANPA non puido organizar e preparar o Banco de libros de texto para o curso 2013/2014. Para subsanalo en parte, propoñémosvos facer de mediadores entre familias que queran doar ou recibir libros de texto. Para isto, podedes enviarnos un correo á ANPA indicando que libros queredes doar (curso), cales queredes recibir (curso) e os vosos datos persoais, sobre todo un teléfono e un mail de contacto. No asunto indicade "Intercambio de libros de texto". A ANPA fará unha lista dos libros disponibles e avisarémosvos para que vos poñades en contacto coas persoas que ofrezan un lote e organicedes entre vós a entrega e a recollida. Os libros que se poden intercambiar son os correspondentes a 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Tamén os de lectura de 1º e 2

Campaña municipal S. Xoan seguro

O Concello da Coruña está realizando unha Campaña divulgativa de información e prevención para a noite de San Xoán. Enviáronnos este v ídeo elaborado polo SEIS, en colaboración coa Policía Local e Protección Civil, que se está utilizando nas charlas informativas en colexios e colectivos sociais e veciñais.:  Campaña municipal San Xoan seguro .

Concentración 27 de xuño

A Plataforma en Defensa do Ensino Público, da que formamos parte a través de CONFAPA GALICIA, convoca concentracións nas sete grandes cidades de Galicia contra a LOMCE e contra os recortes na Escola Pública. Estas concentracións serán o próximo día 27 de xuño: A   CORUÑA :     19:00 horas. Praza de   Pontevedra . FERROL:         19:00 horas. Edif. Administrativo dá Xunta. SANTIAGO:     19:30 horas. Praza do Toural.   Por outra banda, dende a ANPA imos facer un novo pedido de camisetas da Marea verde. Se queredes conseguir a vosa, enviade un mail a milnenos@gmail.com, indicando o voso nome, número e talla das camisetas. Por favor, no asunto indicade "Camisetas marea verde".

Información para o alumnado que remata 6º de Primaria

A ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA vai poñer en marcha, por primeira vez no Centro, o BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, un proxecto totalmente altruista que ten por finalidade axudar ás familias e contribuir a rebaixar o gasto que supón a compra de libros ao comezo de cada curso. O BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO consiste en crear un fondo de libros de texto de tódolos cursos e asignaturas, coa condición de que eses libros teñan vixencia no curso 2013/2014 no IES SALVADOR DE MADARIAGA  e que estean en bo estado.  Os libros entregaranse ao Banco de  xeito gratuito e definitivo,  sendo a ANPA a que xestionará a recepción, custodia e adjudicación posterior dos mesmos. Todo o alumnado e as súas familias pode participar entregando libros de texto de  calquera curso . Cantos máis libros se aporten ao fondo, máis necesidades se poderán atender e maior será o número de familias beneficiadas. Para ser  beneficiario  da solidariedade e xenerosidade dos demáis, é dicir, para poder optar

Mobilizacións contra a LOMCE

Dentro das mobilizacións en contra da LOMCE plantexadas pola Plataforma en Defensa do Ensino Público para este mes de xuño, pídese á comunidade educativa de todo o estado que na última semana de clase acuda aos centros vestindo as camisetas reivindicativas en defensa do ensino público, (tanto as verdes coma as laranxas). Manifestacións convocadas pola Confederación Europea de Sindicatos, (CES), da que forma parte a Plataforma en Defensa do Ensino Público.  Este formato de manifestación realizarase o mesmo día tamén en todo o Estado polo conxunto da comunidade escolar e o movemento asociativo de nais e pais, formando parte da Marea Verde. Chamamos a facer notoria a presencia da comunidade escolar movilizada contra a LOMCE e os recortes convocando ca cor que nos caracteriza, o verde, a través das camisetas e/ou outras prendas desa mesma cor. Plan de Mobilizacións contra a LOMCE Dentro das actividades que propomos dentro da Plataforma en defensa do Ensino Público

Horario da ANPA - do 17 ao 21 de xuño

Durante a semana do 17 ao 21 de xuño abriremos o local da ANPA co seguinte horario: Luns 17: de 16 a 17 h. Martes 18: de 9 a 10 h y de 16 a 17 h. Mércores 19: de 9 a 10 h y de 16 a 17 h. Xoves 20: de 9 a 10 h y de 16 a 17 h. Venres 21: de 9 a 10h. Neses horarios podedes inscribirvos ou renovar como socios da ANPA, reservar os chándals, apuntarvos nas actividades extraescolares, en Madrugadores e Comedor para o próximo curso. Podedes descargar nestas ligazóns todos os impresos para traelos cubertos e aforrar tempo. No caso de facer os pagamentos por transferencia ou ingreso na conta do banco, lembrade poñer o nome d@ nen@ e o concepto polo que se fai o ingreso.  Alta o renovación como socio da ANPA : para facervos socios podedes traer o impreso cuberto, xunto co importe ou o xustificante de pagamento do banco (15 euros).  Número de conta: 2080 5223 11 3040004283 (Novagalicia Banco).  No local darémosvos unha tarxeta que vos identifica como socios.  Inscripción en

Día do deporte na rúa, 16 de xuño

O próximo domingo 16 de xuño, en horario de 11:00 a 14:00 h., realizarase a XXVI edición do Día do Deporte na rúa. Esa mañá todos os nenos/as que o desexen poderán practicar multitude de disciplinas deportivas que estarán ubicadas ao longo dos xardíns de Méndez Núñez e a Zona dos Cantóns. Todos os participantes poderán obter o seu "Carnet de Deportista" e participar no sorteo de fantásticos regalos. Cantos máis deportes probes, poderás optar a máis regalos. E como no, os familiares tamén terán a oportunidade de participar e probar cos seus fillos/as deportes como o beisbol, minitenis, dardos, spinning, chave, ... e disfrutar da zona de xogos infantís cos máis pequenos da casa. Aproveitarase a xornada para colaborar nunha acción solidaria para a recollida de alimentos a favor do banco de alimentos FESBAL.

Calendario escolar 2013/2014

No DOG do 6 de xuño publícase o calendario escolar. O curso en Educación infantil e primaria comeza o 11 de setembro. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130606/AnuncioG0164-290513-0005_es.html

Clausura de actividades extraescolares

As actividades extraescolares continúan ata o día 21 de xuño no seu horario habitual. Con motivo da finalización das clases, @s monitores das actividades extraescolares van realizar unha serie de actividades especiais, para dar a coeñecer unha pequena parte do traballo realizado durante o curso escolar d@s vos@s fill@s nas actividades nas que participan, así como que coñezades o traballo realizado noutras actividades: - LUNS 10: JUDO EN FAMILIA-  xornada de portas abertas. Convídase ás familias d@s participantes na actividade a que acudan este día con equipación deportiva preparad@s para unha xornada de Judo pais/nai/fill@s. Cada grupo desenvolverá a actividade no seu horario habitual de clase. - MARTES 11: Exhibición de XIMNASIA. No Salón de usos múltiples del Colexio. De 17 a 18 h. - MIÉRCOLES 12: Gala de TEATRO con degustación de bombóns. Esta tarde desenvolveranse, de 17 a 18, as obras de teatro dos dous grupos. Ao finalizar, os participantes da clase de COCIÑ

Campamentos de verán

Na páxina "Campamentos de verán" Imos publicar a información que nos chegue sobre actividades e campamentos de verán. Podedes atopar máis información na web do CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil),  nesta ligazón .

Asemblea informativa

Lembrámosvos que o próximo luns, 3 de xuño, está convocada a asemblea informativa da ANPA MILNEN@S: DÍA:         Luns 3 de xuño de 2013 LUGAR:    Salón de Usos Múltiples do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán HORA:     18:00 en primeira convocatoria               18:15 en segunda convocatoria ORDE DO DÍA: 1.- Información sobre xestións realizadas pola ANPA: comedor, chándal, actividades extraescolares, festa de fin de curso, creación do blogue. 2.- Información sobre temas pendentes e outros proxectos da ANPA. 3.- Rolda de intervencións.

Axudas para a adquisición de libros de texto 2013/2014

O obxecto desta orde é convocar axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en  educación primaria , en  educación secundaria obrigatoria  ou en  educación especial , en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014. Podedes vela en:  http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria . Desde a ANPA estamos intentando poñer en marcha un Banco de libros de texto para que @s alumn@s poidan reutilizar os libros dos seus compañeiros de cursos superiores. Cando teñamos máis información, publicarémola. Estamos en contacto coa ANPA do I.E.S. Salvador de Madariaga para que @s alumn@s que van comezar 1º de ESO poidan beneficiarse do banco de libros que se está a poñer en marcha no I.E.S. MáIs información en  http://www.anpa-iessalvadordemadariaga.es/ .