Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2013

Menú do primeiro trimestre

Talleres dirixidos a persoas con síndrome de Asperger

Remitímosvos a información acerca dos talleres de ASPERGA (Asociaciòn Galega de Familias de Persoas Afectadas polo Síndrome de Asperger) que comezarán en outubro na Coruña: - Taller de técnicas de estudio - Taller de habilidades sociolaborais - Taller de habilidades sociais para nenos - Taller de habilidades sociais para adolescentes - Taller de teatro para adolescentes - Sábados lúdicos ASPERGA. Para ampliar a información, contactade co mail psicologa.asperga@gmail.com ou co teléfono 633 283 164. Información sobre os talleres

Consulta cidadá pola educación

A Plataforma en Defensa do Ensino Público, da que forma parte CONFAPA-GALICIA, promove unha Consulta Cidadá pola Educación, no marco da que se está desenvolvendo en todo o Estado. Podedes participar no sitio web da consulta:  http://www. consultaciudadanaporlaeducacio n.org/participa.html

Actividades en inglés

A partir do 1 de Outubro, ofrecemos "Playing Xogos" , unha actividade realizada por monitores de Axiña, para practicar o inglés de forma divertida, por medio de xogos, cancións e teatro.  Vai dirixida a nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria.   Terá lugar os lunes e os mércores de 17 a 18 h. Se queredes inscribir @s vos@s fill@s enviade un correo ou pasade polo local da ANPA no noso horario: xoves de 9 a 10 ou luns de 16 a 17.  Ademais o colexio participa dende o curso pasado na actividade municipal  "Listen & Speak" para estudantes de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. A inscrición faise on-line. Lembrámosvos que o prazo remata o día 27 de setembro.  Máis información en :  http://www.edu.coruna.es/ga/libro_dixital_2013_2014/programas_educativos_do_sme/coruna_linguas/listen_and_speak .

Taller de manualidades

Unha vez máis o  Taller de  Xiz organiza unha serie de obradoiros nos Rosales. Podedes velo na súa páxina: www.academiaxiz.es . 

Chándal

Xa chegaron os chándales que se reservaron en xuño. Podedes pasar polo local para recollelos no horario do local da ANPA, luns de 16 a 17 h. e xoves de 9 a 10 h. Lembrade traer o resgardo da reserva.

Actividades extraescolares

Queda pechado o prazo para solicitar actividades extraescolares para o mes de setembro; a partir de agora só aceptamos solicitudes para nenos e nenas que comecen as actividades en outubro.  Nas actividades de Teatro1 e Ximnasia rítmica xa non quedan prazas disponibles; imos abrir unha lista de espera; se estades interesados, enviade un mail a milnenos@gmail.com. As altas e baixas de actividades deben facerse antes do día 26 do mes anterior ao do comezo da actividade.

Cursos a distancia gratuítos para pais e nais

A CEAPA (Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos) organiza cursos sobre temas relacionados coa educación dos nosos fillos e fillas.  Máis información nesta ligazón .

Obradoiro no centro Nenoos

Estes obradoiros terán lugar os próximos días sábado 14 e venres 20 de setembro no Centro Nenoos, R/ Manuel Azaña, 41, Baixo.

Comedor e madrugadores

A coordinadora de comedor e madrugadores chámase Adriana. Para calquera consulta ou aviso, ou para o horario de recollida das 15.25, podedes contactar con ela no teléfono 637764388, por medio de chamadas ou mensaxes. @s nen@s que acodan a comedor d eben traer un neceser con cepillo e pasta de dentes co seu nome. Menú do mes de setembro

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

O Concello da Coruña oferta a actividade de Natación   para nen@s de segundo ciclo de primaria. Durante o curso 2013-2014 será os luns de 17;00 a 17:45. O prezo por alumno é de 53,47€. A cota inclúe o traslado desde o centro e cobertura sanitaria. A data de comezo prevista é a semana do 8 ao 11 de outubro. A inscrición debe realizarse na ANPA antes do 20 de setembro.  Xa está disponible o programa  "Listen & Speak" , dirixido a estudantes de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.  Información e inscricións:   http://www.edu.coruna.es/libro_dixital_2013_2014/fichas_de_solicitude Normas de entrada e saída de actividades extraescolares: Actividades realizadas no edificio de Primaria: JUDO, TEATRO, COCIÑA, XOGOS DE MESA, ARTES PLÁSTICAS, INFORMÁTICA - Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade. - Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida e a entrega no patio cuber
Lembrámosvos que a partir de mañá, 11 de setembro, comezan tanto as actividades extraescolares como comedor e madrugadores. ACTIVIDADES Todas as actividades extraescolares comezan a partir do primeiro día de cole, o 11 de setembro, agás a actividade de informática , que en principio comezará en outubro, xa que están reformando a aula e instalando novos ordenadores. @s alumn@s que estean inscritos en informática poden acudir á actividade de cociña (o mesmo día, á mesma hora; venres de 16 a 17) ata que se poida utilizar a aula de informática. Se estades interesados, avisade na ANPA. Polo momento hai prazas en todas as actividades agás na de ximnasia rítmica. Este curso vaise incorporar unha actividade nova:  Aero -zumba, para todas as idades (infantil e primaria). Para dala a coñecer, durante o mes de setembro a actividade será gratuíta. Podedes probar, e se vos gusta, inscribirvos a partir de outubro. Para poder asistir en setembro hai que anotarse no  ANPA . O primei
Este curso vaise incorporar unha actividade nova:  Aero -zumba, para todas as idades. Para presentala, durante o mes de setembro a actividade será gratuíta. Apúntate!! Todas as actividades extraescolares comezan a partir do inicio do cole, o 11 de setembro,  agás a actividade de informática , xa que e stán a reformar a aula e instalando novos ordenadores. @s alumn@s que estean apuntados para informática poden acudir á actividade de cociña (o mesmo día, á mesma hora; venres de 16 a 17) ata que se poida utilizar a aula de informática. Estamos pendentes da oferta municipal de actividades que sairá ao longo deste mes, para poder ofrecer algunhas máis a partir do mes de outubro.