Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2013

Comeza a liga de fútbol

A partir de esta semana comeza a liga de fútbol. Aquí está o calendario desta semana: Fútbol – Sala Categoría Encontro Día Hora Pavillón Prebenxamín Anpa Mencer - E.P.Bazán Rosales “A” 3 16:00 Cocheras Prebenxamín E.P. Bazán Rosales “B” – Troula F.S. 3 16:00 Rosales Benxamín E.P. Bazán Rosales “B” – Colegio Obradoiro 3 17:00 Rosales Benxamín Marenostrum – E.P.Bazán Rosales “A” 3 18:00 Rosales Alevín E.P. Bazán Rosales “A” – Anpa Cubela Victoria 3 16:00 Agra II Infantil Noso Oleiros “A” - Los Rosales 3 17:00 As Moas Lembrámosvos que, a parte da camiseta e o pantalón, xa proporcionados, @s nen@s terán que levar obligatoriamente medias negras, caneleiras e unha botella de auga.  Terán que presentarse media hora antes da hora marcada para o inicio do partido. Prégase moita puntualidade. Por favor, avisade os adestradores se non van acudir ao partido. 

Seguimento da folga

Segundo os datos recollidos pola Dirección do colexio, o seguimento da folga de hoxe no noso centro foi do 64,60% do profesorado e o 81,20% do alumnado. 

Non recortes, non

Vídeo contra os recortes en educación creado por mestres e alumnos de primaria de Valderrobles (Teruel).

Actividades, Comedor e Madrugadores - 24 outubro

Ante a folga de mañá, funcionarán con normalidade tanto as actividades extraescolares como madrugadores e comedor.  Haberá un intercambio entre o menú de comedor do xoves e o venres, de tal forma que quedará así: -          Xoves : o    Crema de verduras o    Hamburguesa caseira con ensalada o    Froita -           Viernes o   Feixóns  con chourizo o    Carne guisada con pasta o   I ogur

Xustificación de ausencias do alumnado na folga do vindeiro 24 de outubro

Información da Federación Provincial de Anpas sobre a xustificación da ausencia dos alumnos na folga: XUSTIFICACIÓN AUSENCIA ALUMNOS/AS NA FOLGA DO VINDEIRO DÍA 24 DE OUTUBRO. Con relación á inasistencia a clase por parte do alumnado, o vindeiro día 24 de outubro, é de aplicación a Disposición final primeira da LOE, que no seu punto 5 modifica o artigo 8 da LODE e o deixa coa seguinte redacción, que está plenamente vixente: "Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de organización e funcionamento, as condicións nas que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as Administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán o

Folga xeral no ensino e Venres verdes

Con motivo da folga xeral no ensino,  esta semana abriremos o local o día 23 de 9 a 10 da mañá e e pecharemos o 24 . Podedes recoller os vosos encargos de camisetas verdes ou de chándal. Ao final de novembro faremos un novo pedido de camisetas verdes. Animámosvos a unirvos aos venres verdes:                                  

Chándal, fotos e videos

Xa chegou o novo pedido de chándales ao local da ANPA. Podedes  pasar para recoller os vosos encargos de chándal ou para pedir novos. Tamén queremos informarvos de que no local da ANPA temos imaxes e vídeos de varias actividades do curso pasado: - Educación infantil 5 anos (María José, Vicky e Mar) do curso 2012-2013 - Vídeo da actuación da graduación de infantil 2013 - Vídeos da obra de teatro "O crebanoces" - Fotos da graduación de 6º de Educación Primaria - Fotos das actividades extraescolares... Podedes pasar polo local da anpa cun pendrive para copiar as que vos interesen.

Venres verdes

Sobre a LOMCE

Comunicado da Plataforma en Defensa do Ensino Público, relacionado cos recortes e a LOMCE, a folga xeral no ensino do día 24 de outubro e as manifestacións organizadas na Provincia. Neste enlace analízase a LOMCE que, como sabedes, xa pasou o  trámite parlamentario:  http://soypublica.wordpress.com/2013/10/09/la-lomce-se-radicaliza-en-el-tramite-parlamentario/

Talleres gratuítos da Asociación Xuvenil de Cruz Vermella

Cruz Vermella Cruz Roja pon en marcha talleres gratuítos para os sábados pola mañá, de 10:30 a 13:30, para nenos e nenas nacidos entre 2003 e 2005. A partir do 19 de outubro. Hoja de inscrición

COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Actividades extraescolares

Polo momento non quedan máis prazas disponibles para as actividades de Playing Xogos, Hockey e Ximnasia rítmica. Se queredes inscribir @s vos@s fill@s, avisádenos para facer unha lista de espera. Podedes encargar no local da ANPA ou por mail os chándales para @s nen@s que participen nas actividades federadas.