Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2013

CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL 2013-2014. Concello de A Coruña

Destinatarios:  nenos de 4 a 12 anos, escolarizados  e nacidos entre 2001 e 2009 (terán preferencia os nenos empadroados no Concello da  Coruña ). Decembro 2013: días 23, 26, 27 e 30 Xaneiro 2014: días 2 e 3 Horario de celebración: 10:00  h . a 13:00  h . Lugar de celebración, preinscrición e matrícula: Centros Cívicos Municipais Custo por participante : 12 €. Abonarase no momento de formalización da inscrición. Preinscrición : 2 e 3 de decembro de 2013 en horario de 10:00  h . a 13:00  h . e de 17:00  h . a 20:00  h . Poderase presentar solicitude nos centros que se queira pero só se poderá formalizar a inscrición nun. Sorteo público : 3 de decembro de 2013 ás 20:15  h . en cada Centro Cívico. Publicación de listas de admitidos e espera : 12 de decembro de 2013 nos Centros Cívicos e na web  www.corunasolidaria.org Inscrición : 13 e 14 de decembro de 2013 en horario de 10:00  h . a 13:00  h . e de 17:00  h . a 20:00  h . Achegarase a seguinte documentación: Copia Tarxeta Sanitaria Fo

MAREA VERDE, MARCHA A MADRID

Dende a Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos infórmannos desta iniciativa:  As Federacións Provinciais de ANPAS que formamos CONFAPA-GALICIA e CEAPA imos levar a nosa MAREA VERDE a Madrid en protesta polos Recortes e a aprobación da LOMCE ou Lei Wert.  Sairemos de todas as partes do país para facer unha grande "marea verde" que ocupe as rúas da capital e chegue a nosa voz e a nosa protesta ao Ministerio de Educación.   Sairase o día 29 de novembro (venres)e voltaremos, ao finalizar a manifestación, o día 30. Empezaremos centralizando un autobús na Coruña e, se é necesario, faremolo tamén en colaboración con vós noutros puntos da Provincia.   Para empezar a organizar a viaxe e saber cántas prazas temos que reservar, rogamos nos indiquedes xa se estades dispostos a facer este novo esforzo pola educación dos nosos fillos e fillas. Anímate e viaxa con nós.  O prezo especial é de 15 euros por persoa e inclúe camiseta da marea verde co logo de CONFAPA-GAL

Fútbol-sala e baloncesto. Xornada do 23-24 de novembro de 2013

Xornada do 23-24 de novembro de 2013 Baloncesto Categoría Encontro Día Hora Pavillón Benxamín Calasanz – EPB-Rosales 23 18:45 Sardiñeira (pista 1) Alvín Feminino S.Montrove – EPB-Rosales 23 17:45 Sardiñeira (pista 2) Alevín Masculino S.Montrove – EPB-Rosales 23 18:45 Sardiñeira (pista 2) Infantil Feminino Los Rosales – Betanzos 01 24 11:15 Elviña II Infantil Masculino Los Rosales – Culleredo “B” 24 11:15 Elviña I Fútbol – Sala Categoría Prebenxamín “A” Descansa Prebenxamín “B” Colegio Liceo – EPB-Rosales “B” 24 16:00 Colegio Liceo Benxamín “A” EPB-Rosales “A” - Ventorrillo-Maravillas 24 16:00 Agra II Benxamín “B” Troula F.S. - EPB-Los Rosales 24 20:00 Frontón Alevín Colegio Liceo “B” – EPB-Rosales 23 18:00 Cocheras Infantil Los Rosales – 5 Coruña F.S. 24 11:15 Cocheras

Debuxa o teu cole cos Bolechas

Dende o luns 11 de novembro, está aberto o prazo para participar no concurso "Debuxa o teu cole" que organizan Os Bolechas e Novagalicia Banco. Ata o día 30 deste mes poden participar escolares de infantil e primaria de forma individual ou conxuntamente cos seus compañeiros de clase e optar aos numerosos premios que se sortearán nas dúas categorías.  Máis información en  http://www.osbolechas.com/debuxa/

Concurso de relatos CIENCIA QUE CONTA

Ciencia Que Conta é un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia.  A convocatoria vai dirixida ao alumnado de Educación Primaria, Institutos de Educación Secundaria e público en xeral. Envía o teu traballo ata o 16 de novembro de 2013. Bases e información: www.cienciaqueconta.com

Acto en contra da LOMCE

O próximo  mércores 13 de novembro  no Auditorio Andrés Gaos (o do Conservatorio Superior, rúa Manuel Murguía), ás 19 horas, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público organiza un acto en contra da LOMCE ao que queren convidar a toda a comunidade educativa. Contarán coas actuacións dos actores César Cambeiro e Pedro Brandariz, da poeta María Canosa, do mago Martín Camiña, dos músicos Magín Blanco, Tombalobos Orquestra, Xabier Díaz... así como de alumnado do propio Conservatorio. 

Fútbol sala e baloncesto

No blog do Club Deportivo Los Rosales ( http://clubdeportivoaroseira.blogspot.com.es/ , hai unha ligazón desde esta páxina) podedes atopar toda a información sobre o calendario, os resultados, crónicas dos partidos, etc., dos equipos de fútbol sala e baloncesto. Nese blog tamén tedes enlaces coas páxinas da Federación galega de Baloncesto ( http://www.fegaba.com/contido.php?id=11&presentacion ) e a de Fútbol sala, onde podedes consultar os calendarios dos próximos partidos (Calendarios mensuales, Fútbol Base,  http://www.fgfs-coruna.com/index.php ). Na web  www.siguetuliga.com  podedes atopar os resultados, clasificación, calendarios, etc., de fútbol sala.

Concurso de postais de Nadal - Concello da Coruña

Desde a Concellaría de Educación, Deportes e  Xuventude achégase información sobre a convocatoria para a III Edición do concurso de postais de Nadal: Este ano hai unha novidade importante. O concurso elimina as dúas categorías que había nas edicións  anteriores, unha para os escolares de Educación Infantil e a outra para os de Educación Primaria. Na edición  deste ano haberá unha única categoría e dous premios. O tema das postais será a felicitación do Nadal e do Ano novo.  Haberá dous premios que consistirán en dúas Play Stations ps Vita.  As duas postais gañadoras  serán unha, a felicitación oficial de Nadal do Concello e a outra ou seu cartel oficial das festas. O prazo de presentación das postais ábrese o luns 4 de novembro e péchase o venres 29 do mesmo  mes. Bases do concurso