Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2014

Campaña de Unicef - Pacto pola infancia

Nos últimos 25 anos conseguimos avances incribles para a infancia no noso país, pero os retos que nos quedan son enormes. Así o reflicte o informe  A Infancia  en España 2014, de  UNICEF  Comité Español, que recolle datos preocupantes sobre a situación dos nenos no noso país: POBREZA E DESIGUALDADE: un 27,5% dos nenos vive en risco de pobreza. FRACASO E ABANDONO ESCOLAR: en ambos os dous casos, por enriba do 23%. Ademais, no informe analízase outro gran problema: cada vez nacen menos nenos, de maneira que en dez anos pode haber un millón de nenos menores de 10 anos menos que agora. Estamos convencidos de que outros escenarios son posibles. Por iso esta vez queremos chegar moito máis lonxe facendo un chamamento ao conxunto da sociedade para realizar un Pacto de Estado pola Infancia. Nenos, nenas, familias, empresas, sindicatos, administracións públicas e partidos políticos: todos debemos implicarnos para avanzar na aplicación dos dereitos do neno. OS NENOS IMPORTAN, o seu valo

Listen & Speak

Aberto prazo de inscrición do Programa "LISTEN & SPEAK" - Curso 2014/15 Información en www.edu.coruna.es

Festa de fin de curso

Mañá, se o tempo o permite, os nenos e nenas poderán gozar da festa de fin de curso organizada pola Anpa coa empresa Axiña e coa colaboración económica de algunhas empresas do barrio (podedes velas en "Colaboran coa Anpa"). Os nenos e nenas de educación infantil sairán de 9.30 a 11 h e os de Primaria de 11 a 13. A programación é a seguinte: EDUCACION INFANTIL – 9,30 A 11,00H  4  inchables   pequenos Taller de maquillaxe Xogos con Paracaídas 8 Monitores especializados EDUCACIÓN PRIMARIA -11,00 a  13,00h . Vaquilla  ou táboa de surf 2  trickers Zona  Aerobic  -  Steps Safari  Paintball Zona deportiva: bicicletas e patíns Disco Móbil 8 Monitores Especializados

Banco solidario de libros de texto

A Anpa Milnen@s vai poñer en marcha o BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, cos libros que de xeito gratuíto nos entreguen os alumnos e as súas familias.  Para iso pedímosvos que doedes os vosos libros desinteresadamente, mesmo se non necesitades outros novos. Lembrade que os libros teñen unha vixencia curta e probablemente pronto non se poderán reutilizar. A recollida de libros farase no colexio os seguintes días: -       Día 26 de xuño, dende as 10,00 h. ata as 13,00 h. -       Día 27 de xuño, dende as 10,00 h. ata as 13,00 h. Os libros que se poden entregar / solicitar son: - 1º de Primaria: libros de lectura en castelán e galego - 3º, 4º, 5º, 6º de Primaria: libros de texto (agás aqueles nos que se escribe, como os de actividades de inglés) e libros de lectura (por exemplo, os da actividade de inglés). Podedes entregar os libros vós mesmos ou pedirllo a alguén, xa que a bolsa levará o nome da familia que fai a doazón. Temos un acordo coa Anpa do IES Salva

BANCO DE LIBROS DE TEXTO DO IES SALVADOR DE MADARIAGA

Información da Anpa IES SALVADOR DE MADARIAGA: A ANPA IES SALVADOR DE MADARIAGA vai poñer en marcha, por segundo ano no Instituto, o BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, cos libros que, de xeito gratuíto, nos entregan os alumnos e as súas familias. O ano pasado, varios alumnos procedentes do CEIP EMILIA PARDO BAZAN, beneficiáronse de libros gratuítos, grazas o banco. Para ser  beneficiario  do BANCO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, é necesario ser doante de libros (salvo 1º ESO),  ser socio/a da ANPA  e cubrir o impreso de solicitude (*) dos libros. A recollida de libros por a ANPA faráse no ximnasio do Instituto, os seguintes días: -        Día 25 de xuño, dende as 10,30 h. ata as 13,00 h. -        Día 26 de xuño, dende as 10,30 h. ata as 13,00 h. -        Día 27 de xuño, dende as 10,30 h. ata as 13,00 h. (*) Os impresos de doación e solicitude estarán dispoñíbeis no mesmo momento da recollida dos libros.   IMPORTANTE : Membros da ANPA estaremos no local os martes, de 11,

Fotos da Mostra de actividades no Forum

Xa temos fotos da mostra de actividades de Forum. Podedes enviarnos un correo para solicitar o enlace ao álbum completo.

Recollida de sinaturas para solicitar a regulación do tráfico no colexio

Por suxestión dunha nai do colexio, a  Anpa  vai recoller sinaturas para solicitar ao Concello a presenza da Policía local diante do colexio na entrada e saída da xornada escolar .  O texto é o seguinte:  SOLICITUDE DE PRESENZA DA POLICÍA LOCAL NA ENTRADA E SAÍDA DA XORNADA ESCOLAR NO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN (A CORUÑA) Os abaixo asinantes solicitamos a presenza diaria da Policía Local para regular o tráfico na entrada e na saída da xornada escolar diante do CEIP Emilia Pardo Bazán,  do mesmo xeito que acoden a colexios concertados da zona, como os colexios Calasanz e Esclavas.   Se estades interesados, temos os impresos de recollida de firmas no local.

Clausura das actividades extraescolares

Clausura das actividades extraescolares As clases continuarán ata o 20 de xuño incluído. As actividades de clausura serán nas seguintes datas, no horario habitual da clase: Cociña: Degustación de produtos, 13 de xuño ás 16.45 no patio cuberto Informática e Artes: Mostra de traballos dende o 16 ata o 19 de xuño Judo: Xornada de portas abertas, pais/nais contra fillos/as, 16 de xuño Ximnasia: Exhibición no pavillón deportivo, 17 de xuño Xogos de taboleiro e tradicionais: Xogos de pais/nais contra fillos/as, 17 de xuño Teatro: Representación no Salón de Usos Múltiples, 18 de xuño. A partir das 16.45. Playing Xogos: Actuación no Salón de Usos Múltiples, 18 de xuño. A partir das 16.20. Fútbol sala: Partidos de pais/nais contra fillos/as Alevín: 9 de xuño, de 16 a 18 h (os prebenxamíns non terán adestramento ese día) Benxamín: 11 de xuño, de 16 a 18h (os alevíns non terán adestramento) Prebenxamín: 12 de xuño, de 16 a 18h (os benxamíns non terán adestramento) Baloncesto:

INSCRICIÓNS PARA O CURSO 2014-2015

Durante o mes de xuño, o local da Anpa estará aberto nas seguintes datas: Semana do 9 ao 13 de xuño: de luns a venres, de 9 a 11 da mañá; luns, de 16 a 17 h Semana do 16 ao 19 de xuño: d e luns a xoves, de 16 a 18 da tarde; xoves, de 9 a 10 h Neses horarios podedes comprar o chándal ou facer as inscricións como socios, nas Actividades extraescolares, Madrugadores e Comedor para o próximo curso. Podedes descargar na web  (pestana "Impresos") todas as follas para traelas cubertas ou envialas por mail. Como informamos na asemblea xeral ordinaria do 26 de marzo de 2014, para o vindeiro curso 2014-2015, ademais das actividades extraescolares xestionadas pola ANPA teremos actividades dos programas municipais Programa de Ocio Educativo (POE) e Deporte no Centro. Os impresos deben recollerse no local da Anpa.