Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2014

Actividades extraescolares

Finalmente, para este curso 2014/2015 non se formaron grupos para as actividades de  Hockey , Silencio se rueda,  Xogos   tradicionais  e de  taboleiro ,  Prexadrez  e  Xadrez . A actividade de  Zumba  e Baile Moderno amplíase tamén para nenos/ás de  Infantil . Hai inscricións abondo para os grupos de  POE  e  Xogos  de educación infantil. Estamos pendentes de recibir máis información sobre estes programas. Aínda que xa rematou o prazo de inscrición, é posible que queden algunhas prazas libres e aínda se poidan inscribir máis nenos/as. Aínda hai prazas en todas as actividades agás na de  Cociña , que ten lista de espera. Nalgunhas actividades necesitamos máis inscricións: animámosvos a inscribirvos para poder ampliar os grupos e asegurar a súa continuidade: MANEXANDO TICS: (3º-6 º):  as  novas tecnoloxías "diarias": como se descargan fotografías? como edito unha montaxe audiovisual? como e en que condicións podo baixar música?. Luns de 16 a  17h . INFORMÁTICA PARA PEQUENOS (

Balonmán

Necesítanse nenos/as de 5º e 6º de primaria para formar parte do equipo de balonmán que adestra no Pavillón dos Rosais os martes e xoves de 19 a 20 horas. Se estades interesados contactade con Lucía no  tlfno . 679850482.

Campaña de Saúde Visual Alain Afflelou

15ª Campaña de Saúde Visual Contra o Fracaso Escolar Do 15 de setembro ata o 31 de outubro, todos os centros  ALAIN  AFFLELOU  de España levarán a cabo revisións oculares gratuítas a nenos de entre cinco e sete anos no marco da súa Campaña de Saúde Visual contra o Fracaso Escolar, este ano facendo foco sobre a importancia da detección a tempo da ambliopía ou "ollo vago". Tras a revisión, a firma regalará un par de lentes a aqueles nenos que o necesiten. Igualmente, farase entrega aos pais dun carné de saúde visual para o seguimento e debido cumprimento das revisións marcadas. Os únicos requisitos para poder participar nesta campaña son: acreditar a idade do neno e pedir cita dentro do marco desta Campaña.

Presentación West Galicia

Balonmano

Non estades seguros de se vos gustan...? Durante a última semana de setembro podedes probar, só tedes que avisarnos para dicírllelo aos monitores:   MANEXANDO TICS : (3º-6 º) As novas tecnoloxías "diarias": como se descargan fotografías? como edito unha montaxe audiovisual? como e en que condicións podo baixar música?. Luns de 16 a 17h.   INFORMÁTICA PARA PEQUENOS  (ED. INFANTIL, 1º E 2º PRIMARIA); Venres de 16 a 17h.   MAXIA  (3º-6 º): Aprendizaxe de técnicas e o manexo de cartas, cordas, moedas, aneis, etc. Xoves de 16 a 17h.   ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO DE COMPLEMENTOS  (todas as idades): Debuxo e pintura, manualidades, cartelería, decorados, vestiario... Martes e xoves de 17 a 18h.   ZUMBA E BAILE MODERNO  (todas as idades): Luns e mércores de 17 a 18h. Ademais, se as clases de Zumba ou Artes plásticas vos coinciden en horario con otras actividades do cole (por exemplo Natación), podedes vir un só día por semana e teredes prezos e

Normas de entrada e saída nas actividades extraescolares

Actividades realizadas no edificio de Primaria (Teatro, Tics, Maxia, Informática, Cociña, Zumba, Deseño de Complementos): Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade. Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida e a entrega no patio cuberto. Actividades realizadas no Pavillón (Judo, Fútbol sala, Ximnasia rítmica, Hockey, Baloncesto): Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade. Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida e a entrega no pavillón Os pais non poden acceder ao polideportivo e ás aulas durante as actividades.

CAMPAÑA MUNICIPAL DE NATACIÓN ESCOLAR 2014/2015 - 3º E 4º DE PRIMARIA

Dirixida a escolares de 2º ciclo de Educación Primaria de Centros Públicos. Número de prazas: 30. Horario previsto: Piscina de  Riazor  os luns de 17:00 a 17:45h . (o Servizo Municipal de Deportes comunica que cabe a posibilidade de modificacións). Prezo por alumno: 53,47 € . A cota inclúe o traslado dende o centro, e unha cobertura sanitaria. Prazo máximo de inscrición para os escolares: 19 de setembro . Data de comezo prevista da Campaña de Natación Escolar: 6 de outubro . Podedes facer a inscrición no local do  Anpa  o luns 15 de setembro de 16 a  17h . ou o xoves 18 de setembro de 9 a 10 h.

Volta ao cole

Comeza o cole... Lembrámosvos que a partir do 10 de setembro comezaron tanto as actividades extraescolares xestionadas pola Anpa como Comedor e Madrugadores.  ACTIVIDADES Todas as actividades extraescolares xestionadas pola Anpa (agás "Silencio, se rueda" e "Xogos tradicionais e de mesa") comezan a partir do primeiro día de cole, o 10 de setembro. Algunhas actividades non acadaron o número mínimo de inscricións para formar grupo, pero comezarán en setembro e quedan pendentes das novas inscricións para a súa continuidade en outubro. As altas, baixas e modificacións hai que facelas antes do día 26 do mes anterior á actividade. Polo momento hai prazas en todas as actividades agás na de cociña, onde hai lista de agarda. Os días 11, 12, 18 e 19 de setembro as actividades que normalmente se realizan no pavillón terán lugar nas pistas exteriores, debido á utilización do pavillón para diferentes eventos deportivos. As actividades municipais (POE e Xo