O día 19 de novembro celebramos o Magosto no colexio. Queremos dar as grazas de parte da Anpa e do colexio pola vosa axuda para que todo saia ben: a froitaría El Huerto fíxonos un prezo especial para as castañas que comprou a A npa (para os nenos de infantil) e Jardanay encargouse de asalas. Para as que levaron @s nen@s de Primaria, que se asaron no cole , Ángel prestounos as grellas e a Asociación de Empresarios dos Rosales encargouse do transporte das grellas e de comprar o carbón. E finalmente tamén houbo pais e nais que axudaron no asado e no reparto das castañas. O equipo de Actividades extraescolares e complementarias organizou unha xornada lúdica. Moitas grazas a tod@s ! Se queredes ver unha pequena mostra da celebración podedes ver o seguinte documento e algunhas imaxes da celebración na Galería de Imaxes da web do cole.