Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2015

Librería Clunia

Moit@s coñecedes a Fina, de Parkilandia, polas festas d@s peques, pero agora ademais abriu unha libraría especializada en libro infantil e xuvenil, xogos didácticos, libro práctico e best seller, etc., con descontos especiais para soci@s da Anpa.

Subvención de comedor curso 2013/2014

CHEQUE DA SUBVENCIÓN DE COMEDOR A Xunta vén de conceder unha subvención para o servizo de comedor correspondente ao curso 2013-2014.  O día 24 pola mañá repartirase a carta para os beneficiarios.  Os usuarios do servizo que teñades dereito ao cheque poderedes recollelo despois da Asamblea da ANPA ou os días 26 de febreiro (de 16:00 a 17:00), 2 e 5 de marzo no horario de apertura do local da ANPA e 3 e 5 de marzo (de 16:00 a 17:00).    En caso de non poder asistir nesas datas, poderá recoller o cheque unha persoa autorizada coa carta e unha fotocopia do voso DNI.

Asemblea xeral extraordinaria

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ANPA MILNENOS           DÍA:                 Martes 24 de febreiro de 2015 LUGAR:             Salón de Usos Múltiples do C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán HORA:              18:15 en primeira convocatoria                         18:30 en segunda convocatoria ORDE DO DÍA: 1.- Información da Xunta directiva sobre actividades realizadas e proxectos. 2.- Convocatoria de eleccións á Xunta directiva da Anpa. 3.- Rolda de intervencións.

O Camiño da diversidade

O CAMIÑO DA DIVERSIDADE é unha actividade educativa e de ocio organizada por  INGADA  (Instituto  Galego  do  TDAH  e Trastornos Asociados) o día 25 de abril. A idea é compartir un día didáctico e de ocio entre todos aqueles que teñan puntos de interese con eles en Galicia ou que crean que na diversidade se encontra a riqueza. Para iso, realizarán unha etapa do Camiño de  Santiago  (do Piñeiro a Santiago de Compostela, uns 20 km) todos xuntos compartindo actividades e experiencias. O obxectivo principal da marcha é chamar a atención á conciencia cidadá para respectar a diversidade de cada un, sen exclusión e fomentar a integración e o desenvolvemento digno das persoas por moi diferentes que sexan. No Camiño acompañaranos persoas representativas do mundo da cultura e deporte galegos, así como diversas autoridades comprometidas con estes intereses. Para iso teriades que apuntarvos no correo xenérico ingadainfo@gmail.com

Educando en igualdade

O próximo  sábado 21 de febreiro  terá lugar en Santiago de Compostela a  XIII   Xornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones  dirixida a nais e pais e as súas fillas e fillos. O prazo de inscrición remata o xoves 19 de febreiro, non obstante admitiranse inscricións ata completar o número de prazas dispoñibles durante o venres. FOLLA DE INSCRICIÓN

Festa de Entroido. Grazas!!

Queremos agradecer a todas as familias que foron á festa de entroido a súa colaboración para que o pavillón quedase limpo e recollido ao acabar, a Carlos e Cris (pais do cole) polas filloas, a Jardanay por prepararnos o chocolate  e  a Axiña por organizar unha festa tan animada. E por suposto á s nais voluntarias que axudaron tanto na festa da Anpa como pola mañá no colexio. Grazas a tod@s!!!

Admisión do alumnado

Ligazóns do procedemento de admisión do alumnado de Centros Escolares sostidos con fondos públicos, inclúe información das zonas de influencia. Concello da Coruña http://www.edu.coruna.es/ga/ portada/novas_do_servizo_ municipal_de_educacion/inicio_ do_procedemento_de_admision_ do_alumnado_para_o_curso_2015_ 2016 Xunta http://www.edu.xunta.es/web/ node/14293 Información sobre o proceso de admisión:  https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0RkpJWHJyS3pDNkk/view?usp=sharing

Información para alumn@s de 6º de Primaria

A partir do 2 de febreiro está aberto o prazo de preinscrición para a ESO. Tedes a información na web do colexio:  http://www.edu.xunta.es/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/431 Os centros  da zona organizan xornadas de portas abertas para as familias nas seguintes datas: Día de portas abertas  IES   Salvador de Madariaga : mércores 4 de febreiro ás 19.00 horas. Día de portas abertas  IES   Rafael Dieste : xoves 12 de febreiro ás 19.00 horas.

As obras de arte

Xa podedes ver no colexio as obras de arte presentadas ao concurso de debuxos de entroido.

Foto de familia do Club deportivo Los Rosales

Foto de familia de los 180 deportistas del Los Rosales 31.01.2015 | 01:01 Foto de familia de los 180 deportistas del Los Rosales   13fotos El Club Deportivo Los Rosales se juntó ayer al completo con los 180 jóvenes que forman parte de la entidad y posaron para una foto de familia. Las disciplinas que se practican en el club son el fútbol sala y también hay espacio para el baloncesto. Dentro de ambas modalidades, están equipos de diversas categorías, desde los más pequeños que se encuentran en la edad de iniciación. La entidad se encuentra en pleno crecimiento y cada año son más los jóvenes que se decantan por el Los Rosales para practicar deporte. http://www.laopinioncoruna.es/deportes/2015/01/31/foto-familia-180-deportistas-rosales/923122.html Podedes ver a nova tamén no blog do clube:  http://clubdeportivoaroseira.blogspot.com.es/  e La Voz de Galicia .