Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2015

Campamento de Verán Anpa Milnenos - EPB

O ANPA Milnenos do CEIP Emilia Pardo Bazán preparou un campamento de verán para o período 22 de xuño o 31 de xullo e 1 de setembro ao 8 de setembro. Na seguinte ligazón podedes acceder ás bases da convocatoria. https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0QlhZRmcwUldHcms/view?usp=sharing Ademais, aproveitamos para respostar ás dúbidas xa plantexadas polos socios do ANPA aos que xa se lles remitiu a convocatoria o pasado venres, en concreto: - ¿Poden participar non socios do ANPA e incluso alumnos/as de outros centros? Sí, pero os socios do ANPA terán preferencia na obtención de praza - ¿Pódese obter praza para días soltos do campamento? Non, o formato por semanas é o único posible coa particularidade de que xuño e setembro son períodos de 6 días. - ¿Cales son os horarios de saída? 14:00 ou 15:30 horas sen horarios intermedios de saída. - ¿A entrada en madrugadores pode realizarse entre as 7:30 e as 9:00? sí (iremos completando este apartado con dúbidas posteriores) Agarda

Bolsas de picnic para excursións

Ao longo das próximas semanas faranse excursións no CEIP. Cando hai excursións nas que @s nen@s teñen que levar a comida, para @s que acoden normalmente a comedor a empresa  Jardanay  prepara unhas bolsas de pícnic e lévaas ao colexio pola mañá.  Lembrade que só leva bolsa de picnic para aqueles que son usuari@s de comedor de semana completa. Para os que non asisten a comedor todos os días, só se lles preparará picnic se o día de excursión coincide co día de semana que van a comedor O pícnic consiste nun bocadillo, peza de froita, lácteo, auga e un pasteliño(ou  algo doce).

Contacontos en "Librería Clunia" (Colaborador Anpa)

Un dos nosos colaboradores remítenos unha proposta para o sábado 23 de maio

Graduación 6º E.Infantil e Colaboradores do ANPA

Onte celebrouse a festa de graduación de 6º curso de educación infantil. Houbo unha representación teatral da obra "A voda do piollo e a pulga". Como en anteriores ocasión contamos coa colaboración de algún dos nosos colaboradores. Neste suposto o supermercado Eroski ( Emilio Gonzalez, 18  15011 A Coruña - A Coruña)  tamén colaborou con nós Aproveitamos esta ocasión para agradecer a súa colaboración, así como a dos demais colaborares do ANPA ( http://milnenosgalego.blogspot.com.es/p/colaboran-con-el-anpa.html ).

Torneo 3x3 de Baloncesto e fútbol sala (CD Los Rosales)

O "Club Deportivo Los Rosales" remítenos información sobre os seus torneos 3x3 de Baloncesto e Fútbol Sala. Nas ligazóns que figuran de seguido podedes consultar a información da convocatoria e os formularios de inscrición. O Baloncesto será o 30 de Maio no pavillón de Cocheras: Data tope de inscrición 26 de maio MAÑÁ_   10:00 a 14:00 horas:  - Benxamín  - Alevín  -Infantil            TARDE______  16:00 a 21:00 horas:   - Cadete   - Xunior          https://drive.google.com/file/ d/ 0Bw5qHzyd8K1US3VNOGxnZlRrT3M/ view O Fútbol Sala ten dous días; sábado 6 e domingo 7 de xuño Data tope inscrición 2 de xuño SÁBADO 6___ TARDE ____ 16:00 a 21:00 horas:    - Xuvenil  - Sénior DOMINGO 7 _  MAÑÁ_  10:00 a 14:00 horas:   - PreBenxamín- Benxamín  -  Alevín TARDE ______  16:00 a 21:00 horas:   - Infantil     - Cadete https://drive.google.com/file/ d/ 0Bw5qHzyd8K1UeXltM0RNX3BNd2c/ view