Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2015

Porfesores de apoio (PT e AL)

Nas seguintes ligazóns deixámosvos a entrevista que se realizou a unha madre do colexio na radio e en prensa sobre as necesidades de profesores de apoio no CEIP Emilia Pardo Bazán.  Dende o Anpa apoiamos totalmente esta reivindicación e temos trasladado toda a información a Federación de Anpas que nos indica que ten solicitado unha reunión co Xefe Territorial de Educación para tratar esta reivindicación http://www.lavozdegalicia.es/ noticia/coruna/coruna/2015/09/ 29/hijo-tapando-boca/0003_ 201509H29C5992.htm https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0MnNyNElvdHlubm8/view?usp=sharing

POE + DEPORTE NO CENTRO

A Federación de Anpas ven de indicar que las actividades de POE e Deporte no Centro comezarán o día 1, polo que este xoves 1 xa haberá Divermates e Pequeciencias no Colexio azul. O venres 2 comezará Music & play e o luns 5 Xogos. Para o martes 6 queda o inicio de Exprésate.

Piscina. Información

Boas noites, Mañá o local do Anpa estará aberto de 9:00 a 10:00 para recoller e entregar, xa cubertas e pagando o importe correspondente, as solicitudes de piscina dado que quedaron prazas vacantes. Abrirase o local únicamente para este fin.

Axudas/vales para material escolar

O  CEIP informa: A partires de mañá martes, día 15 de setembro de 2015, as familias do alumnado que teña presentado a súa  solicitude ata o pasado venres día 11-09-2015, poderá pasar pola Secretaría do colexio a recoller o correspondente vale de material escolar. Para o resto de solicitudes farase a entrega do vale de material escolar a primeiros de outubro.

Biblioteca. Información

En resposta ás dúbidas plantexadas, a dirección do centro sinala o seguinte: A biblioteca escolar non estará aberta para o alumnado ata o día 13 de outubro de 2015.  Únicamente estará aberta aos efectos daquel alumnado de comedor que os seus pais se retrasen na súa recollida ás 16:00 horas (de martes a venres). En todo caso, o Anpa tentará que a biblioteca (aínda que sexa só como aula de estudio,...) ou outro espazo se abra os luns. Para o anterior e para axudar nas festas, actividades, etc, agradeceríamos ter unha lista de voluntarios (xa temos algúns!!!), para o que podedes remitir os datos de contacto ao mail do Anpa.

Listen & speak

Bós días, Logo de confirmar coa dirección do colexio que esté ano se ofertará o programa Listen & Speak, deixámosvos a ligazón na que o libro dixital do concello inclúe o programa Listen & speak.  http://edu.coruna.es/ga/libro_ dixital_2015_2016/programas_ educativos_do_servizo_ municipal_de_educacion/coruna_ linguas/listen_and_speak O horario previsto é: 3º e 4º de primaria das 16.00 ás 17.00h. 5º e 6º de primaria das 17.00 ás 18.00h. A dirección do centro sinala que se aproveitará algunha das aulas do colexio azul (previsiblemente de acordo coa tipoloxía de actividades e a ocupación actual algunha das aulas da planta superior). O prazo de inscrición é do 10 ao 25 de setembro e a solicitude faise on line de acordo co formulario que se recolle na mesma ligazón.  Lembrade que o ANPA non xestiona este programa, só vos trasladamos a información

Normas de entrada e saída de actividades (actualizado)

Normas xerais 1.- O lugar de concentración e recepción do alumnado por parte dos monitores será o PATIO CUBERTO DE PRIMARIA. Neste lugar concentrarase o alumnado procedente do comedor escolar e mailo procedente das súas casas. 2.- Os monitores das diferentes actividades acompañarán ao seu alumnado até as respectivas depedencias: Edificio Azul ou Polideportivo Municipal. O alumnado que se dirixa ás actividades deportivas o fará atravesando o patio infantil e cruzará pola porta situada ao carón do aulario infantil. Esta porta abrirase ás 15:50 h. e pecharase ás 16:10 h. Abrirase novamente entre as 16:50 e as 17:10 para a segunda quenda de actividades. O alumnado que se dirixa ao resto de actividades no Edificio Azul o fará acompañado dos seus monitores, subindo pola rampa de acceso á pista superior e atravesando o sendeiro ao carón do labirinto vexetal. No cambio de turno de cada actividade, os monitores encargaranse de entregar ao alumnado novamente no Patio Cuberto de Primaria

Balonmán. Información

En relación coa actividade de balonmán, e dado que o  concello  esixe 15 nenos como mínimo e só se ofrece no 2º ciclo de  Primaria (información que recibimos onte), decidimos continuar en colaboración co clube  Oar  porque os solicitantes que temos son sobre todo do 1º ciclo de primaria. Por iso a actividade de balonmán arrancará o  martes 15 de setembro  no horario de 4  á  5

Natación / POE / Deporte no Centro. Información

Xa recibimos a información destas 3 modalidades de actividades organizadas polo Concello e Fedapas: Natación:   A partir de mañá día 10 inclusive pode recollerse no local do ANPA a documentación da campaña de natación Vai dirixida aos escolares do  2º ciclo de Educ. Primaria  de Centros Públicos.  O número de prazas ofertadas é de 30.  A Campaña levarase a cabo na Piscina de Riazor os lunes de 17:00 a 17:45h.  Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. O custo por alumno é de 53,47 €. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.  O prazo máximo de inscrición para os escolares remata o día 17 de setembro.  As follas de inscripción deberán recollerse e cubrirse no local do ANPA e efectuar no local o pagamento de 53,47 euros A data de comenzo prevista da Campaña de Natación Escolar será o 1 de outubro.  Programa de Ocio Educativo (POE) Mañá día 10 entregarase en cada clase po

Admitidos bolsas Concello para comedor 2015-2016

O concello e a Federación de Anpas trasladan a seguinte información: "O luns  7 de setembro publícaronse as listas definitivas de solicitudes admitidas e desestimadas da convocatoria pública correspondente ao programa de "Comedores escolares" curso 2015-2016. Débese formalizar a alta no programa nos centros cívicos municipais correspondentes por domicilio, respectando o comezo dos comedores escolares establecido pola Xunta de Galicia: día 10 de setembro para Educación Infantil e Primaria e día 15 para o resto do alumnado. As reclamación a estas listas faráse a través dos Rexistros municipais (preferentemente). A lista poderase consultar tamén na web municipal de servizos sociais: http://www.coruna.es/servlet/ Satellite?pagename=UAMI/Page/ Generico-Page-Generica&cid= 1280301858468&argIdioma=es& itemID=1441588556508&itemType= Suceso

URXENTE: COMEZO DAS ACTIVIDADES

Bós días, Comunicámosvos a seguinte información relevante: INICIO ACTIVIDADES DEPORTIVAS ANPA / Clubes deportivos: O concello ven de comunicarnos a través dos responsables de instalacións deportivas que o xoves e venres teñen cedidas as instalacións deportivas do pavillón para a celebración dun campeonato deportivo polo que as actividades de fútbol, baloncesto e ximnasia  non comezarán ata o luns día 14 de setembro. En canto a Ximnasia,  logo das dúbidas que existen, a entidade que imparte a actividade especifica que os participantes comezan con conceptos básicos comúns as disciplinas de rítmica ou artística, e despois ao longo do curso ou no seguinte en función das súas aptitudes de cada alumn@, pasan a desenvolver máis a parte rítmica ou artística.  Por outra banda dende a Federación confirmaron que as actividades de balonmán  poden realizarse a través das actividades do Concello polo que comezarán tamén o  1 de outubro  (se xuntan como mínimo 15 asistentes)e

Orde axudas compra material escolar

Hoxe publícase no DOG a  ORDE do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16. http://www.xunta.es/dog/ Publicados/2015/20150901/ AnuncioG0164-240815-0002_gl. html No seu art. 5 sinala que: A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concederá unha axuda por importe de 50 euros por alumno/a que reúna os requisitos previstos nesta orde, cando a renda per cápita familiar no ano 2013 sexa igual ou inferior a 5.400 euros. A información figura na ligazón