Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2015

Cambio menú comedor día 3/11/2015

A empresa de comedor comunica que para o día 3 de Novembro de 2015 o menú viuse modificado, polo que os nenos/as comerán: -            1º Prato : Sopa de espinacas -            2º Prato : Milanesa de polo con patacas -            Postre : Iogur

Novas normas traslados (a partires do 3 de novembro)

Normas de entrada e saída de actividades extraescolares (A partir do  3/11/2015) Aos efectos de atender as peticións dos usuarios de comedor e de actividades extraescolares, establécese un novo sistema de entradas/saídas e traslados de alumnado. Actividades Extraescolares (Colexio azul) Apertura/peche das portas 15:50-16:10 Cambio de actividade 16:50-17:10 Fin da actividade 17:50-18:10 Os/As monitores/as deberán estar presentes en cada actividade puntualmente Os/As pais/nais entrarán/sairán todos pola porta situada na rúa Alfonso Rodríguez Castelao. Fóra dos horarios establecidos as portas permanecerán pechadas e o acceso ás instalacións deberá facerse pola porta principal de educación primaria avisando ao persoal de conserxería Comedor Escolar (Novo aulario infantil) Apertura/peche das portas turno (extra) 15:25-15:35 Apertura/peche das portas turno (normal) 15:45-16:1

Reto Quimions

Unha nai do colexio enviounos información sobre a seguinte iniciativa, da que cremos que ademais de difundir, poderiamos facer algo máis dende o colexio e o Anpa: http://www.retoquimions.org/ Agradeceriamos que nos aportasedes posible ideas ou iniciativas a milnenos@gmail.com , ou aqueles que a título individual queirades colaborar e dado que non hai punto de entrega no barrio, comprometémonos a recollelos no horario do local e a entregalos nun dos puntos de entrega ( http://www.retoquimions.org/puntos-de-entrega.html ) En todo caso debedes ter en conta as medidas e instrucións de confección que se recollen na web

Proxecto "Ancas"

O pasado luns celebrouse no SUM a reunión do proxecto ANCAS (Díptico: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0UlgwcF9VbkVTVjg/view?usp=sharing ) Nos  meses de verán Stop Accidentes avaliou a información das enquisas de mobilidade aplicadas a final de curso aos alumnos do Centro e  no mes de agosto fixeron as auditorias de seguridade viaria para revisar cada unha das rutas polas que trazaron o camiño do Colexio revisando os puntos conflitivos para buscar solucionar os problemasy que no caso do Centro se concentran na zona da entrada do Colexio Achegamos o mapa coas rutas definitivas para o Centro ( https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0VG9zYk80Z0xuTG9LenYtUjJWWUZ5ZVVIRmFJ/view?usp=sharing ). Agora toca que se analicen desde o centro e o ANPA e pais e nais do cole dean as súas observacións, criticas e correccións Feito isto, pasariamos á fase de marcación das rutas. Feito isto comezaríase coa inscrición dos niñ@s as rutas e iniciar con mapas  da súa ruta a cada parti

Listen & speak. Información de inicio

Boas tardes, O próximo martes 6 de outubro ás 16:00 comezará a actividade de Listen & speak para os curso de 3º e 4º de Primaria. Formaranse dous grupos de acordo coas listaxes que se recollen no pdf adxunto. Cada grupo desenvolverá as súas actividades nunha aula do colexio azul: - o grupo 1 na planta primeira (que non na planta baixa) - o grupo 2 na planta segunda A actividade de Listen & speak é unha actividade do concello co apoio da dirección do centro, pero como se integra no cadro de actividades global, remitiremos os listados correspondentes ao persoal de comedor e ao resto de entidades aos efectos dos traslados precisos. Pola experiencia destas primeiras semanas estaremos atentos aos posibles incidentes, pero agradeceríamosvos que lles comentedes aos vosos fillos que inician unha actividade nova (sobre todos naqueles supostos nos que viñan asistindo a outra actividade como patinaxe (da que deberedes darvos de baixa se non queredes continuar e para que

Natación. Información de inicio de actividade

Bós días a todos/as, os lugares e horarios de recollda e entrega dos escolares da campaña de natación escolar son os seguintes: DÍA SEMANA: Luns HORA RECOLLIDA: 16:35 LUGAR DE RECOLLIDA: Porta do centro HORA DE ENTREGA: 18:10 LUGAR DE ENTREGA: Porta do centro Como xa sabedes a actividade desenvólvese na piscina municipal de Riazor. Sinálanse nos seguintes enlaces en arquivo adxunto información para as familias dos escolares inscritos nesta actividade. Lembrade que en caso de non usar o autobús habilitado para o traslado debedes cubrir a autorización que se recolle na terceira páxina do arquivo pdf https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0TmlPY2ZZUjZYRnpua1BlWlJlU2JuQWRVMDRZ/view?usp=sharing https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0VzRKZWZMQ0I4VkZzT1g1Z2hhaUxHZ2Rka1pR/view?usp=sharing