Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2015

Normas exhibicións 18 decembro e CESTA NADAL

Boas tardes, Mañá día 18 celebraranse exhibicións de cociña, baile e teatro. Comezarán as 16:30 pero os nenos/as deben estar no colexio as 16:00 horas. Os de baile e teatro que asistan a comedor irán ao SUM directamente, pero os de cociña irán ao colexio azul para preparar o seu "prato"  Do mesmo xeito, os alumnos que veñan dende casa deberán dirixirse ao SUM se son de baile moderno ou teatro, e ao colexio azul se son de cociña. Ao finalizar as exhibicións entregarase a cesta de Nadal que nos regalou ao Anpa a empresa Axiña e que se regalará ao socio cuxo número coincida co do sorteo da ONCE de hoxe xoves 17 de decembro: o Nº 342 Tamén vos indicamos que recibimos lotería de Nadal da empresa Jardanay ,que se toca, evidentemente, se ingresará na conta do Anpa

Novas clube Deportivo 12-13 de decembro

Deixámosvos o cadro de resultados do Clube deportivo desta fin de semana xunto coa ligazón a unha breve reseña do I Torneo de Futbito de colexios públicos da Coruña publicada na web do Anpa O Trisquel do Ceip Concepción Arenal: http://www.anpaotrisquel.es/2015/12/i-torneo-de-futbito-colegios-publicos-a-coruna-2015/ Baloncesto Categoría Encontro Día Hora Pavillón Resultados Benxamín EPBazán-Rosales – Liceo La Paz 13 12:30 Agra II (pista 3) 2-52 Alevín Feminino Obradoiro – EPBazán-Rosales 13 9:30 Agra II (pista 1) 0-2 Alevín Masculino Montrove “B” - EPBazán-Rosales 13 11:00 Agra II (pista 1) 45-42 Infantil Feminino Culleredo – CD Los Rosales 13 19:00 Culleredo 80-46 Infantil Masculino Basquet Coruña 03 – CD Los Rosales 13 17:00 Ventorrillo 38-61 Cadete Feminino CD Los Rosales – Calasancias 12 12:00 Los Rosales 39-58 Cadete Masculino CB Arteixo – CD Los Rosales 12 16:00 Arteixo Pazo dos Deportes 53-46 Fútbol Sala Categoría Encontro Día Hora Pavillón Resultados Prebenxamín

Campamento de vacacións de Nadal. Derradeiras prazas

Aínda quedan 2 prazas para a semana do 21 ao 24 de decembro e 7 prazas para a semana do 28 ao 30.  Os días 31, 4 e 5 de xaneiro non se celebrará o campamento por non existir solicitudes suficientes. Nesta entrada publicaremos mañá día 17 de novembro a información do campamento de Nadal que se celebrará no colexio azul do CEIP Emilia Pardo Bazán entre os días 21 de decembro de 2015 e 5 de xaneiro de 2016, ambos incluídos (10 días "hábiles": 21-24, 28-31, 4-5). O formato será "parecido" ao do Campamento de Verán pasado, pero mellorando (cremos) aquelas cuestións que puideron supoñer maiores queixas (servizo de madrugadores garantido, etc) e incluíndo outras melloras que a curta duración deste campamento permite (posibilidade de inscrición por días soltos, etc). A información completa e "matrícula" remitiranse por mail e publicaranse na web como xa fixemos no verán: 1.- Convocatoria:  https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0ek1fekt2d005OW8/vi

Cambio menú. Luns 14/venres 18

Para a semana do 14 ao 18 de Decembro o menú viuse modificado. O dito cambio só afecta ao primeiro prato, intercambiándose entre si o 1º prato do Luns 14 co do Venres 18. -          1º Prato do Luns 14: SOPA DE CUS CUS CON PICADO -          1º Prato do Venres 18: ARROZ CON ATUN

Poe e Deporte no centro. Xaneiro 2016

Dende a federación de Anpas comunican que, no mes de decembro os nenos que están inscritos nas escolas do programa   Deporte no centro   e no Programa de Ocio Educativo (P.O.E)  deberán facer os pagos das cotas correspondentes a cada un dos programas para a súa continuidade no mes de xaneiro. O prazo  para que nos enviedes a documentación  é o día 17 de decembro .  A estos efectos deberá pasarse ata esa data polo local del Anpa no seu horario de xoves e luns para pagar a cota correspondente ou para indicar o número de conta ao que debe cargarse o cobro correspondente. As cotas do programa Deporte no centro de xaneiro a maio/xuño 2016 son as seguintes: FAMILIAS DE….. COTAS  (xaneiro a maio/xuño 2016) 1 Fillo/a 20,00 €  por cada actividade 2 Fillo/as 16,00 €  por cada actividade e fillo/a 3 Fillo/as 14,00 €  por cada actividade e fillo/a Máis de 3 fillo/as 12,00 € por cada actividade e fillo/a As cotas trimestrais do  P.O.E   (xaneiro a marzo 201

Aviso. Foto oficial clube deportivo Los Rosales

O Clube infórmanos de que, como en anos anteriores, farán a Foto Oficial do Clube, para o que se pediu permiso ao Concello para o devandito acto no pavillón dos Rosales. Día:  Venres 11 de Decembro de 2015 Hora: 18:00 Presentación: 17:30 (rógase puntualidade) Equipamento: Os nen@s virán xa vestidos co equipamento oficial dos partidos. Os paise nais poderán estar nas bancadas do pavillón mentres esperan a que remate o acto.

Cambio no menú día 9

A empresa comunica o seguinte menú: -            1º Plato : Lentellas caseiras -            2º Plato : Paella mixta de polo e gambas

Actividades Muncyt 12-13 de decembro

Chegounos a seguinte comunicación do Muncyt:  A atención do profesorado, alumnado e ANPA do centro Igaciencia e o Muncyt de A Coruña convídavos a disfrutar da Ciencia e a Tecnoloxía da Luz o sábado 12 e o domingo 13 de decembro no mesmo Muncyt. Unha oportunidade única pois é a primeira vez que estará ao completo para o público xeral. Hai que ter en conta que a exposición está orientada para os xoves. Ten unha serie de obradoiros técnicos e lúdicos adaptados a determinadas idades nas que vos podedes inscribir aquí http://www.igaciencia.eu/ drupal7/?q=node/207 Pero están limitados a 20 asistentes por taller. Inscribidevos o antes posible para non perder o voso posto.

Resultados Clube deportivo 28-29 de novembro

Baloncesto Categoría Encontro Día Hora Pavillón Resultados Benxamín Calasancias - EPBazán-Rosales 28 17:30 Agra II (pista 3) 46-18 Alvín Feminino EPBazán-Rosales – Compañía de María 29 9:30 Agra II (pista 2) Aprazado Alevín Masculino EPBazán-Rosales – Vales Villamarín Betanzos 28 12:30 Agra II (pista 2) 37-34 Infantil Feminino CD Los Rosales – Costa da Morte 29 12:00 Los Rosales 38-48 Infantil Masculino CD Los Rosales – CB Arteixo 29 10:00 Los Rosales 67-49 Cadete Feminino Sta Mª del Mar – CD Los Rosales 28 16:00 Sta Mª del Mar 50-45 Cadete Masculino Montrove – CD Los Rosales 28 12:00 Canide- Mera 57-65 Fútbol Sala Categoría Encontro Día Hora Pavillón Resultados Prebenxamín EPBazán-Rosales – Ex-Alcohólicos Morás 29 16:00 Los Rosales 0-9 Benxamín “A” EPBazán-Rosales “A”– Ex-Alcohólicos Moras “A” 29 17:00 Los Rosales 0-4 Benxamín “B” Calvo Sotelo – EPBazán-Rosales “B” 28 10:00 Calvo Sotelo 4-3 Alevín “A” EPBazán-Rosales”A” – Hércules F.S. “A” 29 10:00 Agra II 5-3 Alev

Fotos actividade cociña (27/11/2015)