Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2016

Gañadores do concurso de carteis de Entroido

Primeiro premio: Raquel González Calvo 6º B Segundo premio: Noa Fariña Figueroa 2º C Terceiro premio: Álvaro Amico Otero 5º B

Festa de Entroido. Venres 5 de febreiro

Venres 5 de febreiro de 17 a 20 horas no pavillón de Labañou/Cocheras NORMAS: 4 invitacións por socio/a. Resto: 4€/entrada. 1.- Reparto de invitacións e entradas no local do ANPA: do xoves 28 ao xoves 4 de febreiro (todos os días), de 9 a 9:30 en horario de mañá e de 16:30 a 17:00 en horario de tarde . Tamén se entregarán no horario habitual do Anpa: luns de 4 a 5 e xoves de 9 a 10  2.- Traede o voso carné de socio (teremos unha listaxe actualizada de socios pero por se houbese dúbidas ou erros). 3.- O aforo é limitado, polo que vos pedimos que recollades só as entradas que ides utilizar, para que ningún nen@ quede sen festa!! 4.- Lembrade que está PROHIBIDO o USO DE SPRAYS, PETARDOS E SIMILARES dentro de todo o recinto. O seu uso implicará a expulsión do pavillón. 5.- AXUDADE A MANTER LIMPO O PAVILLÓN DURANTE A FESTA. A directiva da anpa agradece a vosa colaboración para que o pavillón quede recollido e limpo ao rematar. 6.- O día da festa non se poderá

Comunicado Federación: Actividades POE/DNC. Orzamento concello

A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña, INFORMA: As actividades de POE, Deporte no Centro e Luditarde, que xestiona esta  Federación en colaboración coas ANPAs do municipio, dependen en gran  medida da renovación anual dun convenio co Concello da Coruña. Este ano, os orzamentos están pendientes de aprobación por mor da falta de  acordo dos grupos municipais. Porén e, aínda que todas as forzas políticas  coinciden en apoiar a continuidade deste convenio, incluso a súa mellora, a día  de hoxe non temos asegurada a financiación nin a continuidade das  actividades. Xa mantivemos conversas con todas as formacións políticas, estudando  diversas opcións, e temos pendente unha xuntanza co alcalde a vindeira  semana, que esperamos remate cun compromiso que garanta a continuidade  dos programas. Tentaremos por todos os medios atopar unha solución o antes posible, para  solventar a situación de todas as familias e traballadores afectados, semp

22 de xaneiro remata o prazo! Bases do III concurso de carteis de Entroido (2016)

1.- O OBXECTO desta convocatoria é seleccionar un cartel para promocionar a festa de  Entroido  que a ANPA Milnen@s organizará o venres 5 de febreiro. 2.- PARTICIPANTES: Poderán participar todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria escolarizados no centro. Cada un deles poderá presentar un único traballo, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e inéditas, é dicir, que anteriormente non fosen presentadas noutros concursos, non sexan reproduccións totais ou parciais doutras obras nin utilicen plantillas preexistentes. 3.- REQUISITOS DOS CARTEIS: ·          Tema: O  Entroido ·          Formato: Folio ou cartulina tamaño DIN-A4 ·          Técnica: libre (pintura, cera, óleo, acuarela…) ·    Será requisito imprescindible para a admisión dos carteis que neles figure a lenda “ ENTROIDO  DO CEIP EMILIA PARDO BAZÁN 2016”. ·     Cada participante poderá facer constar de forma diferente a dita lenda sen necesidade de reproducila textualmente ou na mesma ord

Fotos festa de Nadal (18 de decembro)

Deixámosvos a ligazón as fotos da fiesta de Nadal coa actuación de teatro, baile e os productos elaborados na actividade de cociña. Tamén se inclúen fotos da entrega da cesta de Nadal https://goo.gl/photos/sjDGCi9XNLt1dRtT6 LOPD: Todas as persoas que aparecen nas fotos deron a súa autorización para o uso da súa imaxe ou a dos seus fillos/as ao centro e ao Anpa. En caso de erro nalgunha das fotos mostradas, enviade un email a  milnenos@gmail.com  e eliminaremos inmediatamente dita foto do album.

Patinaxe. Prazas vacantes nos dous grupos

Nos grupos de patinaxe temos prazas vacantes. Dado que a listaxe de agarda de setembro podería estar xa desfasada 4 meses despois, aqueles que estean interesados poderán pasarse polo local do Anpa no seu horario habitual ou enviar unha mensaxe a milnenos@gmail.com - 5 prazas no grupo de martes - 2 prazas no grupo de xoves

Remesa decembro + POE/DNC

Este venres cargarase a remesa do mes de decembro. A dita remesa levará acumulada as contías correspondentes as actividades do Concello/Fedapas para aqueles pais/nais que non fixeron o pagamento nas datas fixadas. A priori o cobro formalizarase nos primeiros días da vindeira semana Para aqueles socios/non socios dos que non dispoñamos dos datos precisos, remitirase unha nota informativa para que realicen de xeito inmediato o pagamento por transferencia ou nas oficinas do ANPA.

Cambio menú día 12

Para o Martes 12 de xaneiro do 2016 o menú modifícase, polo que os nenos e nenas desfrutaran do seguinte menú: -            2º Plato: substitúese o  “Filete de Atún con arroz e salsa de tomate”   por  “Guiso de Bacallao”