Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2016

Concurso de debuxo: "debuxando sorrisos sans"

A Clínica Dental Pablo Varela, situada no noso barrio, vai participar no 1º Concurso de Debuxo "debuxando Sorrisos Sans", organizado pola Asociación Debuxando Sorrisos Sans en colaboración coa Asociación de Estudantes de Odontoloxía de Santiago de Compostela e do Colexio Profesional de Higienistas. Publicamos a información que nos enviaron: Poden participar todos os niñ@s de primaria do colexio sen necesidade de que sexan pacientes da Clínica, o único requisito é que fagan o debuxo e entrégueno na nosa clínica. O obxectivo é que os nenos realicen unha actividade lúdica mentres promovemos os hábitos saudables en relación á saúde bucodental Trátase dun concurso de debuxo para niñ@s de primaria, para participar só teñen que realizar un debuxo dun tema relacionado coa saúde bucodental e/ou coa visita ao dentista, nun folio tamaño A4, anotando por detrás do debuxo o nome e apelidos do niñ@, curso, nome do colexio, localidade, provincia e clínica dental que o representa.

Enquisa sobre acoso escolar

Co fin de coñecer en maior profundidade a incidente e gravidade dos casos de acoso escolar, así como as respostas ofrecidas tanto desde os centros educativos como desde as familias, Fedapas quere realizar un estudo interno promovido por CEAPA (Confederación española de APAs de Centros Públicos) entre nosas Anpas. Para iso, elaboraron un cuestionario anónimo con distintas preguntas relacionadas co acoso escolar. Rogamos a vosa colaboración que consiste en que as familias participen. A enquisa, unha vez cumprimentada, e para garantir o anonimato poderanse entregar na caixa de correos do Anpa e nós remitirémolas a fedapas A data tope para recibir as enquisas é o 14 de abril. Agradeceriámosvos o voso interese tanto para cumprimentalo como para difundilo entre as familias,  e así contar coa maior información posible. https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0SU82NWgzWkpoNHlrVV93VXhuWFg1MlBLSjhz/view?usp=sharing

Campaña de Recollida de portabebés para Siria

Unha das nais do Anpa remite a seguinte información (en función de aqueles que estedes interesados en colaborar, poderíamos recollelos no local do Anpa e artellar como levalos despois a Santiago):

Pagamento subvención comedor (2014/2015)

Esta semana procedeuse a pagar a subvención de comedor do curso pasado 2014/2015 a aqueles pais/nais que achegaron a información requirida ata a pasada semana. Os restantes destinatarios da subvención que enviaron a información esta semana ou que aínda non a enviaron, así como os beneficiarios de cheques, pagaranse a priori ao longo das próximas dúas semanas ACLARACIÓN: En relación ao menor importe das axudas de comedor do curso 2014/2015 en comparación co curso 2013/2014, convén ter en conta que a subvención reduciuse de 11.314,29 euros a 8.532,60 euros, 2.781,69 euros menos (unha rebaixa do 25%)

Cambio menú 08/03/2016

Para o día de hoxe o menú viuse modificado, polo que os nenos e nenas poderán disfrutar do seguinte menú: ·           1º Plato:   Sopa de fideos con verdura ·           2º Plato:   Merluza con   arroz e salsa de tomate ·           Postre:   Melocotón en almíbar