Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2017

Sábado 28 12:00 horas no CC Os Rosales:"Dillo ti" (Concello Coruña)

Este Sábado ás 12:00 horas no Centro Cívico Os Rosales: programa "Dillo ti" (Concello Coruña) Neste enlace atoparedes a información máis relevante: https://www.coruna.es/participacion/gl/dillo-ti?argIdioma=gl Animámosvos a participar no encontro:

12 meses, 12 causas: Búscanse valentes

"Búscanse valentes" contra o acoso escolar, a nova campaña de 12 Meses ten como obxectivo: concienciar, axudar a detectar e combater o acoso escolar onde sempre existe un acosador, unha vítima e unha testemuña. Esta campaña lanza unha mensaxe directa aos que conforman o circulo de testemuñas. Só eles os valentes, os que se atrevan a traspasar o silencio e situar xunto á vítima, conseguirán romper a dinámica do acoso. O obxectivo é chegar aos mozos a través da música. Coa colaboración especial de Juan Manuel Montilla  "El Langui", creouse un rap cargado de mensaxes positivas, porque a forza do valente está no corazón!!! Únete á campaña entrando en www.sebuscanvalientes.com e ármate de valor e ferramentas para loitar contra o acoso.

Campaña de axuda a Refuxiados

CONCURSO CARTEIS E DISFRACES 2017

CONVOCATORIA E BASES DO CONCURSO DE DISFRACES E DE CARTEIS PARA A FESTA DO ENTROIDO DO ANPA MILNEN@S DO 24 DE FEBREIRO DO 2017 1.- O OBXECTO desta comunicación é establecer as bases da convocatoria do Concurso de disfraces con material reciclado e de carteis para a festa do “Entroido do Anpa Milnen@s”, festa que o Anpa organizará o venres 24 de febreiro, no pavillón de Cocheras entre as 17:00 e as 20:00 AVISO IMPORTANTE: Debido a que este curso o noso número de nenos/as socios excede de 410 (e máis de 720 pais/nais) e o aforamento do pavillón é inferior a 500, non poderán participar familias non socias nin doutros centros educativos. Só participarán familias socios/as “de alta” antes de comezar o prazo para recoller as invitacións (16-23 de febreiro) 2.- PARTICIPANTES: No concurso de carteis, poderán participar en cada categoría de premio todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria escolarizados no centro. Cada un deles poderá presentar un único traballo, se

MENU COMEDOR 2º TRIMESTRE

Na seguinte ligazón podedes acceder ao menú: https://drive.google.com/file/d/0B-wdvITiY1S0VUtDbzluMTA5TDVSOW5RUFE2RkZYTy1OaXZJ/view?usp=sharing