Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2017

ELECCIÓNS 2017: publicación de lista definitiva de candidatos/as

Toda vez que non se teñen presentado reclamacións, a lista definitiva queda así: Catuxa Oviedo Pérez Juan José Villar Freire Isaac Manuel González Gutiérrez Jacinto Álvarez Somoza Ana María Vázquez Fernández Eva González Souto Pablo Peteira Otero Marcelo Chouza Insúa Sara Cainzos Cuenca Previsiblemente despois das vacacións de Semana Santa (o martes 18 de abril ou mércores 19 de abril) farase a Asemblea onde tomará posesión dos seus cargos a nova xunta directiva resultante das eleccións.

Elecciones 2017: Lista provisional de candidat@s presentados

O venres, día 24 de marzo, acabou o prazo de presentación de candidaturas para a renovación da xunta directiva do Anpa. Finalmente hai 9 candidat@s integrados todos na mesma candidatura (denominada "Directiva 15/17"). A lista provisional queda así: Catuxa Oviedo Pérez Juan José Villar Freire Isaac Manuel González Gutiérrez Jacinto Álvarez Somoza Ana María Vázquez Fernández Eva González Souto Pablo Peteira Otero Marcelo Chouza Insúa Sara Cainzos Cuenca Moitísimas grazas a tod@s por animarvos a presentar as vosas candidaturas. Así a continuidade do Anpa e todos os servizos que ofrece quedan garantidos. Como finalmente hai máis de 7 candidat@s pero todos integrados na mesma candidatura, NON TEMOS que convocar eleccións. O calendario para formar nova directiva é o seguinte: 29-30 de marzo: prazo para presentar reclamacións á lista provisional. 31 de marzo: publicación da lista definitiva.  Previsiblemente despois das vacacións de Semana Santa (o martes 18

Xornada Confapa: Menores e o seu mundo dixital

Confapa informa da temática da xornada que leva por título " Menores e o seu Mundo Dixital " e que está organizada por CONFAPA-GALICIA para o vindeiro  sábado día 1 de abril no Hotel NH da Coruña seguindo o   esquema que adiantamos:  Na primeira parte intervirá da Asociación AtlaTics que falará de pautas e recomendacións no ámbito familiar e despois da pausa o punto de vista legal de  Pintos&Salgado,  despacho de avogados especialistas en dereito informático.O que pretende é que os pais/nais  escoiten de primeira man   que sí e que non poden/deben facer . Está aberta a todos/as, non soamente ás xuntas directivas como en outras ocasións. Cada persoa interesada poderase inscribir na ligazón  goo.gl/gmDmt1    ou chamando ao teléfono 981 20 20 02 . Prazo límite o venres día 31 de marzo e ata completar aforo.                 MENORES E O SEU MUNDO DIXITAL 09:30 - 10:00 Acreditación e Presentación 10:00 - 11:15 Santi Rey - AtlaTICs. “Meu fillo é dixital…,

Proceso de admisión: Información pais/nais

Como resumo para os pais/nais interesados no CEIP Emilia Pardo Bazán e que estean a última hora decidindo cal será a súa elección definitiva, deixámosvos o seguinte resumo de información con ligazóns de interese: - Madrugadores: 7:30 a 9:00 ( http://anpamilnenos.blogspot.com.es/p/comedor-e-madrugadores.html ) - Comedor: de 14:00 a 16:00 ( http://anpamilnenos.blogspot.com.es/p/comedor-e-madrugadores.html ) - Información adicional do colexio: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/ - Cota anual do Anpa (15 euros) - Cota actividades (12 euros/mes para actividades de 1 día - 16 euros/mes para actividades de 2 días) - Actividades Extraescolares (AAEE): de 16:00 a 18:00 - Actualmente as seguintes AAEE ordinarias: Judo (infantil e primaria) Baloncesto (Iniciación, benjamín e alevín) Fútbol sala (Iniciación, benjamín e alevín) Esgrima Capoeira (infantil e primaria) Baile moderno Baile Galego Music & play (POE-Concello) Piscina (Concello) Robótica (Pr

Convocatoria eleccións 2017

De acordo co aprobado na Asamblea Xeral extraordinaria de onte 6 de marzo, convócanse eleccións para renovación da directiva do Anpa Milnenos. As bases e datas da convocatoria podedes consultalas na seguinte ligazón:  BASES ELECCIÓNS 2017   O modelo para presentar candidatura está na seguinte ligazón:  MODELO CANDIDATURA   Animádevos a participar e preguntade as vosas dúbidas en milnenos@gmail.com