Saltar ao contido principal

CURSO 2017/2018: Altas e renovacións

ALTAS:
No horario do local (LUNS E XOVES) dende o luns 12 de xuño poderá realizarse a alta de novos socios/as ata o 23 de xuño (tamén en setembro no horario que se informará no BLOG do Anpa).
Tamén se pode facer “on line” remitindo a milnenos@gmail.com o seguinte impreso cuberto (CON TODOS OS DATOS CUBERTOS AGÁS A LETRA E TITOR/A DA CLASE SE NON SE COÑECE):      
Lembrade que o vindeiro curso os socios/as do Anpa pagarán un prezo inferior en comedor.
COMEDOR
Os trámites de comedor previsiblemente tamén se poderán facer on line para o curso 2017/2018 a través de un formulario web que está desenvolvendo Jardanay dentro do novo contrato e que previsiblemente estará dispoñible a finais de xuño.
Os presos publicaranse nas vindeiras semanas pero como referencia tede en conta os seguintes para comedor na modalidade de fixo:
  • FAMILIAS SOCIAS DO ANPA: 74,25 euros/mes
  • FAMILIAS NON SOCIAS: 82,50 euros/mes
RENOVACIÓNS:
Faranse on line na aplicación a partir do 1 de xullo, seleccionando a actividade “renovación” e poderase tamén a partir dese día facer a solicitude de actividades para o vindeiro curso
AAEE 2017/2018:

Poderase realizar “On line” a partir do 1 de xullo na aplicación do Anpa e ata o comezo do curso

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.