Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2018

Pandeireta e baile moderno o 2 e 3 de maio

Cara a celebración da XXII Mostra de Actividades Culturais do Fórum Metropolitano, como xa vos avisaron os monitores, as actividades nas que participamos na mostra son as seguintes: Pandeireta e baile tradicional: mércoles 2/05/2018, 18:15-19:15 Baile moderno infantil e primaria: xoves 3/05/2018, 17:00-18:00 Ese día as dúas actividades indicadas non se imparten, xa que o monitor e os alumnos estarán na Mostra facendo gala das súas dotes artísticas. Polo tanto, tende en conta: Serán as nais e pais os que deben levar aos nen@s ao Fórum Metropolitano Haberá que estar no recinto media hora antes da representación En baile moderno non hai ningunha vestimenta especial Normas xeráis O público non poderá entrar ou saír do auditorio até a finalización do bloque, xa que o que se pretende é ver as actuacións que presentan outras ANPAS cos seus nenos e nenas, non só as do noso centro. Por razóns de seguridade e en cumprimento da normativa vixente, non se permite a entrada dos carros

Actividade "A educación a debate"

No Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña continúan có desenvolvemento da actividade de formación do profesorado “A educación a debate”. Esta actividade está aberta para nais e pais dado o interese que para eles teñen as temáticas que se tratan. A vindeira sesión será: "RELACIÓN FAMILIA E ESCOLA, UNHA COMUNICACIÓN NECESARIA" Lugar: Salón de Actos no edificio da UNED, r/ Educación, 3 Data e hora: Luns, 24 de abril, de 18:30 a 20:30. Relatores: Santiago Sobrino Josenje (Inspector de Educación) Marta Peña Area (Orientadora IES Miraflores - Oleiros) María Victoria Suárez Taibo (Directora CEIP Recimil - Ferrol)

Plantacións de árbores dirixidas a familias con nenos e nenas entre 6-12 anos

Dende a Concellería de Medioambiente do Concello da Coruña nos informan das plantacións de árbores dirixidas a familias con nenos e nenas entre 6-12 anos, que se celebrarán nos próximos días, por se fora de interese. Nas plantacións farase un pequeno obradoiro coas familias participantes de 45 min de duración, e cada familia adoptará algunha das árbores que se planten. Para participar, só hai que enviar cumprimentando a inscrición que se achega adxunta ao correo medioambiente@coruna.es É importante que se indique a zona verde onde queren participar. Parque de San Diego - Xoves, 5 de abril – ás 17.00 Praia das Lapas - Venres, 6 de abril – ás 17.00 O Ventorrillo - Sábado, 7 de abril – ás 12.00 Labañou - Xoves 12, de abril – ás 17.00 Xardíns Maestranza – Venres, 13 de abril – ás 17.00 Paseo do Parrote. Peirao das Ánimas - Sábado, 14 de abril – ás 12.00 Moitas grazas pola vosa participación