Saltar ao contido principal

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2016-2017

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES FINANCIADAS POLA EXCMA. DEPUTACIÓN DA CORUÑA




Pódense descargar as follas de inscrición e baixa ou modificación na pestaña IMPRESOS

Para facilitar o trámite hai unha folla de inscrición para Ed. Infantil, unha para 1º Ciclo de Primaria, outra para 2º e 3º Ciclo de Primaria.


Para as actividades xestionadas directamente pola ANPA, hai que pagar unha matrícula no momento de facer a inscrición e as mensualidades cobraranse por domiciliación ao inicio da actividade. 


PENDENTE DE CONFIRMAR PARA O PRÓXIMO CURSO: Para POE e Deporte no Centro os anteriores anos había que cubrir unha ficha de preinscrición e si se forman grupos pasarase o recibo por domiciliación bancaria cando comecen as actividades.



As modificacións e baixas de actividades deben facerse antes do día 30 do mes anterior ao do comezo da actividade.

O ANPA Milnenos oferta tamén Natación para nen@s de segundo ciclo de primaria, dentro do programa de actividades extraescolares organizados polo Concello da Coruña. Se ben estas actividades están pendentes da información precisa polo concello para o curso 2016/2017. A inscrición en anos anteriores faise con carácter xeral no ANPA no mes de setembro. 

O Colexio tamén participa no programa municipal Listen & Speak. Este programa está pendente de confirmación para o curso 2016-2017. A inscrición neste programa fíxose nos anos anteriores directamente na web educativa do Concello no mes de setembro.


Para os anos 2014 e 2015, o Anpa recibiu senllas subvencións da Deputación da Coruña para sufragar distintos gastos das actividades extraescolares culturais, creativas e lúdicas. A posible concesión de subvención do ano 2016 aínda non se publicou







As actividades deportivas realízanse por convenios con distintos clubes deportivos. As actividades de creatividade son executadas pola empresa Axiña, especialista en actividades deportivas e de tempo libre. 

Nas actividades xestionadas directamente pola Anpa, o mínimo para formar grupo é de 15 participantes. Nas municipais, o grupo mínimo e de 10.

O horario das actividades é de 16:00 a 17:00 e de 17:00 a 18:00. Os monitores encárganse de recoller e levar @s nen@s de comedor ou das actividades anteriores.





NOVEDADES EN ACTIVIDADES XESTIONADAS DIRECTAMENTE POLA ANPA (de setembro a xuño sempre que se cubra o número mínimo de inscritos/as)
 Patinaxe 
 Loita
 Pandereta e Baile galego
 Volei
 Xadrez
 Robótica
 Sonorama
Esgrima e historia
Capoeira
 Ioga


PROGRAMAS MUNICIPAIS (pendente de confirmación para o Curso 2016/2017)

POE: Programa municipal de ocio educativo e animación sociocultural que toma o xogo como principal ferramenta de intervención educativa. Infantil e 1º ciclo de primaria. 
DE OUTUBRO A MAIO.
Para facer a inscrición hai que recoller e entregar o folleto no local da Anpa, xunto co importe do primeiro trimestre e unha fotocopia do DNI do pai/nai/titor do alumno/a inscrito/a. A oferta para este curso no CEIP Emilia Pardo Bazán é a seguinte:
 Exprésate! (galego e castelá) - martes
 Divermates e pequeciencia - xoves
 Music and play. Ed. infantil (inglés) - venres
 Playing. Ed. primaria (inglés). - venres
Pódese elixir 1, 2 ou os 3 días. A cota trimestral é a correspondente á Modalidade 2 ou parcial. 
Máis información

DEPORTE NO CENTRO: Programa municipal de actividades deportivas. DE OUTUBRO A MAIO.
 Xogos (Educación infantil)
 Prexadrez (1º ciclo de primaria)
 Xadrez (2º e 3ºciclo de primaria)
Para realizar a inscripción hai que recoller e entregar o folleto no local da Anpa, xunto co importe do primeiro trimestre. 
A ratio mínima para formar grupo é de 10 participantes; a máxima de 20, a partir da cal abrirase unha lista de agarda.
Máis información


Obxectivos das actividades:

● Facilitar as posibilidades de conciliación da vida laboral e familiar dos pais e nais, proporcionando aos nenos e nenas coidado e atención durante un amplo período de tempo nas propias instalación do colexio, sen necesidade de desplazarse, despois do horario lectivo e de comedor.
● Proporcionar disfrute persoal. 
● Despertar a creatividade, a participación, a iniciativa e a imaxinación dos nenos e nenas.
● Despertar o gusto polo deporte e polos hábitos de vida saudables.
● Desenvolver habilidades ou técnicas propias de cada actividade (expresión e dominio corporal, motricidade fina, aprendizaxe de normas, hábitos hixiénicos relacionados coa comida, …). 
● Socializar e educar en valores: desenvolver habilidades para a interacción cos demáis, fomentar o respecto, o compañerismo, a convivencia, a tolerancia, o valor do esforzo e a mellora, a autoestima, a orde e a organización, etc. 
● Comprender a importancia de colaborar cos demais e xogar en equipo.
● Aprender a gañar ou a perder, como preparación para o triunfo ou o fracaso nas diferentes situacións vitais.

Normas de entrada e saída nas actividades extraescolares

  • Actividades realizadas no edificio de Infantil do Antigo colexio "Azul" (Esgrima e historia, Patinaxe, Judo, Teatro, Xadrez, Baile moderno, Baile Galego, Pandereta, Loita, Ioga): Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade. Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida e a entrega no patio cuberto do colexio azul.
  • Actividades realizadas no Pavillón (Fútbol sala, Ximnasia rítmica, Baloncesto, Balonmán, Volei): Os traslados de alumnos que asisten a comedor, así como os intercambios entre actividades, faranos os monitores de cada actividade. Os alumnos que veñen de fóra do centro realizarán a recollida e a entrega no pavillón
  • Os pais non poden acceder ao polideportivo e ás aulas durante as actividades.





Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.