Saltar ao contido principal

Quén somos?

Presentación

A ANPA Milnen@s é unha asociación sen ánimo de lucro de pais, nais e titores de alumnado matriculados no C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán que ten como obxectivo contribuír á mellor formación académica e humana dos nos@s fill@s.

Milnen@s realiza actividades conducentes a mellorar a calidade educativa do centro e a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral:
  • Asiste aos pais/nais e titores/titoras en todo aquilo que corresponda á educación integral dos seus fill@s.
  • Promove actividades extraescolares de carácter formativo, cultural, deportivas, de estudo, e colabora coa dirección do centro en todas as actividades que esta organiza.
  • Promove reunións de colaboración entre pais/nais e profesores/as do centro.
  • Estimula a participación dos pais/nais de alumnos na programación xeral do ensino a través do órgano colexiado correspondente.
  • Fomenta as relacións de cooperación do centro con outros establecementos escolares e cos sectores sociais e culturais da contorna.
  • Promove a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do centro, así como a efectiva igualdade de dereitos de todos os alumnos sen discriminación por razóns socio-económicas, ideolóxicas, confesionais, de raza ou sexo.
  • Require aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación relativos á educación, demandando a atención e axudas que esta merece.
  • Eleva aos poderes públicos peticións, informes e estudos sobre os temas que lle son propios.
Actualmente depende da ANPA a xestión do programa de madrugadores e de comedor, actividades extraescolares, etc. 

A información para a inscrición atópase na pestana de trámites.

Xunta Directiva

Na Asemblea Xeral Extraordinaria que tivo lugar o 20 de abril de 2023 acordouse a elección da nova Xunta Directiva da ANPA:

  1. Presidenta: Eva Louzán Caamaño
  2. Vicepresidenta: Melania Gelato Fandiño
  3. Secretaria: Ana M.Martínez Blanco 
  4. Tesoureiro: José Luis Rodríguez Iglesias
  5. Vogal: Bibiana Canosa Del Río
  6. Vogal: Estefanía Fernández Piñeiro
  7. Vogal: Lidia Monroy Pérez
  8. Vogal: María Brión García
  9. Vogal: Nuria García Tajes
  10. Vogal: Pilar Pérez Sanguino

Por qué facerse familia socia?
  • A ANPA participa no funcionamento das actividades educativas do centro, xestionando os programas de Madrugadores e de Comedor, as actividades extraescolares, a compra do chándal, etc.
  • Tamén organiza e colabora co centro en distintas celebracións, como a Festa de Fin de Curso.
  • Para inscribirse nos servizos de Comedor e Madrugadores é necesario estar ao corrente de pago nas cotas de socio/a e do seguro de accidentes.
  • As familias socias teñen desconto na matrícula das actividades extraescolares e comedor.
  • A cota de familia socia  (16 euros por curso escolar) úsase para sufragar gastos ordinarios e para organizar as actividades para @s nen@s (exhibición de actividades extraescolares, festa de fin de curso, orlas, etc.).
  • Cantos máis socios teña a ANPA, máis respaldo terán todos os pais/nais/nen@s ante outros órganos e máis actividades poderanse organizar.
  • Traballamos de modo voluntario, por iso todas as colaboracións son importantes...
Sen ti nada disto é posible. ¡Asóciate!


Contacto ANPA

Local da ANPA Milnenos: situado no edificio novo de Infantil do colexio C.E.I.P. Emilia Pardo Bazán. Travesía dos Rosales, s/n
15011 - A Coruña

Horario local: : Solicitar cita previa no mail milnenos@gmail.com con mínimo 24 horas de antelación indicando motivo da cita.

Email (medio de contacto preferente): milnenos@gmail.com

Teléfono: 619335580 (16:30 a 18:30h de luns a venres).
Agradécese o contacto telefónico só para urxencias. As consultas preferentemente a través de correo electrónico.

 

Contactos CEIP

Canal de Telegram do CEIP Emilia Pardo Bazán: https://t.me/EPBlosrosales

Tlf./Fax.: 981276781 (Secretaría), 698139871(Móbil), 981.258.528 (Educación Infantil)

E-mail: ceip.emilia.pardo.corunha@edu.xunta.es



Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.