Saltar ao contido principal

Actividades extraescolares 2017/18

Fin de curso 2017/2018

As actividades do Concello rematarán o día 31 de maio (non resultando aplicable ao noso centro)

As actividades do Anpa continuarán ata o XOVES 21 DE XUÑO (incluído). O venres 22 non haberá actividades e preparase o colexio azul para o campamento de verán

As exhibicións de CLAUSURA (e partidos de pais/nais contra fillos/as en fútbol e baloncesto) serán nas seguintes datas, no horario habitual da clase:
  • Fútbol Iniciación: luns 18 de 16 a 17 hs
  • Fútbol Benxamín: mércores 20 de xuño, de 16 a 17h
  • Fútbol Alevín: mércores 20 de xuño, de 17 a 18h
  • Baloncesto: Partidos de pais/nais contra fillos/as: todas as categorías, venres 15 de xuño de 16 a 18 hs (BASKET INICIACIÓN de 4 a 5; BASKET BENXAMIN E ALEVIN de 5 a 6)
  • Badminton: pais/nais contra fillos/as, martes 19 de xuño de 16 a 17 hs
  • Ximnasia: Exhibición no pavillón deportivo, o xoves 21 de xuño ás 4:30 (NA PISTA CENTRAL)
  • Patinaxe: luns 18 de xuño de 16:00 a 18:00 para os grupos de luns e mércores 20 de xuño, de 16 a 18 hs para os grupos de Me/Ve
  • Teatro, Música divertida, Baile galego e Pandereta: mércores 20 de xuño no SUM de 16:30 a 17:30 hs
  • Baile moderno: martes 19 de xuño no horario da clase
  • Judo: exhibición o xoves 21 de xuño no patio cuberto de 16:15 a 18:00 hs (16:15 a 17:00 infantil LU/ME e grupo de MA/XO, de 17:15 a 18:00 grupo LU/ME de primaria)
  • Esgrima “Histórica” o mércores 20 de xuño, de 16 a 17 horas na pista exterior
  • Capoeira: Venres 15 de xuño de 4 a 6

Cadro de actividades de infantil 2017/2018

LunsMartesMércoresXovesVenres
16:00 Teatro en inglés
Judo
Judo (novo grupo)
Pintura
Ximnasia rítmica
Xogos pre deportivos
Pandeireta
Badminton (6º infantil)
Patinaxe (2 días)
Judo
Baile galego
Teatro en inglés
Judo (novo grupo)
Pintura
Ximnasia rítmica
Xogos pre deportivos
Patinaxe (2 días)
Eureka
Badminton (6º infantil)
17:00 Música divertida
Patinaxe (só luns)
Baile moderno Música divertida Baile moderno
Robótica
 Eureka
Capoeira

 

Cadro de actividades de primaria 2017/2018

LunsMartesMércoresXovesVenres
16:00 Aula de estudo
Esgrima
Patinaxe (só luns)
Xadrez
Fútbol iniciación (10/11)
Judo (1º primaria)
Pandeireta

Aula de estudo
Judo (1º primaria novo grupo)
Robótica (novo grupo)
Basket iniciación (10/11)
Ximnasia rítmica (1º primaria)
Listen & Speak (3º e 4º)
Baile moderno
Voleibol
Bádminton
Aula de estudo
Esgrima
Fútbol benjamín (08/09)
Baile galego
Xadrez
Judo (1º primaria)
Aula de estudo
Judo (1º primaria novo grupo)
Listen & Speak (3º e 4º)
Fútbol iniciación (10/11)
Ximnasia rítmica (1º primaria)
Baile moderno
Robótica
Aula de estudo
Baloncesto iniciación (10/11)
Capoeira (2º a 6º)

Bádminton
Voleibol
17:00 Fútbol alevín (06/07)
Música (1º y 2º Primaria)
Judo (2º a 6º)
Listen & Speak (5º e 6º)
Basket benxamín (08/09)
Basket alevín (06/07)
Ximnasia rítmica (2º a 6º)
Balonmán
Pintura
Patinaxe (2 días)
Música (1º y 2º Primaria)
Judo (2º a 6º)
Fútbol alevín (06/07)
Listen & Speak (5º e 6º)
Fútbol benjamín (08/09)
Pintura
Ximnasia rítmica (2º a 6º)
Pintura
Patinaxe (2 días)
Capoeira (1º primaria)
Basket benxamín (08/09)
Basket alevín (06/07)

Balonmán

 

Ubicacións

  • Baloncesto, fútbol, vólei e bádminton: pabellón
  • Esgrima e ximnasia: xinmasio do pabellón
  • Robótica: colexio primaria (aula informática). Ver aclaracións.
  • Patinaxe e predeporte: patio cubierto colexio azul
  • Aula de estudio e xadrez: colexio azul (planta 2)
  • Baile galego, baile moderno e pandeireta: colexio azul (planta 1)
  • Capoeira e judo: colexio azul (planta 1)
  • Música divertida, teatro e pintura: colexio azul (planta 0)
Aclaracións:
  • As entregas e recollidas de alumnos/as de robótica serán sempre no colexio azul, xa que as portas do colexio de primaria estarán pechadas, e o monitor da actividade xa se encarga do seu traslado
  • Para as actividades no pabellón:
    • As entregas dos alumnos/as das actividades das 16:00 se farán no propio pabellón
    • As entregas dos alumnos/as das actividades das 17:00 se farán no colexio azul ou no pabellón
    • As recollidas no colexio azul  (ás horas en punto) ou no pabellón (un pouco antes)
  • O resto das entregas e recollidas se farán sempre no colexio azul

     

     Condicións

    1. No momento da inscrición cobrarase por domiciliación bancaria á conta dada de alta na aplicación os seguintes conceptos: 5 € de seguro por cada neno/a (independentemente do número de actividades) e unha matrícula por cada actividade (5 €).
    2. O cobro do servizo farase a mes vencido, por domiciliación bancaria á conta dada de alta na aplicación.
    3. Os gastos derivados de non pagos atribuíbles ao titular da conta serán abonados por este.
    4. Os socios con non pagos non se beneficiarán do prezo reducido para socios nin das condicións especiais nas actividades que organiza o ANPA Milnen@s. Non se consideran "non pagos" os recibos non pagos debido ao envío tardío destes.
    5. O número mínimo de participantes para formar grupo será de 10 e o número máximo de 25. No caso de superar o máximo estudarase a posibilidade de ampliar a oferta.
    6. O ANPA Milnen@s resérvase o dereito de modificación e/ou anulación dun ou varios grupos. As modificacións e/ou anulacións serán comunicadas o mes anterior.
    7. As baixas ou modificacións do alumno na actividade serán notificadas á ANPA Milnen@s antes do primeiro día hábil do mes cubrindo o impreso de baixa/modificación. De non ser así pagarase a mensualidade.
    8. Os intercambios nas actividades e comedor serán realizados polos monitores dacordo coas instrucións remitidas ás distintas entidades.
    9. O funcionamento das actividades extraescolares estará suxeito ás regras de réxime interno do centro.

     

    Aclaracións

    • As actividades do Concello (Listen & Speak, Music & Play, natación, POE e Xogos) son xestionadas a través da web do mesmo.
    • Aula de estudo é unha actividade ponte para os alumnos de 2º ciclo de primaria que só asisten a algunha actividade de 17:00 a 18:00 e quédalles unha hora solta. A idea é que nesa hora poidan facer as súas tarefas/deberes así como ter un monitor/a que poida colaborar con eles/as, así como explicar algunhas cuestións interesantes de técnicas de estudo, etc. Dada a súa finalidade, pódese solicitar 1 hora semanal e ata as 5 horas semanais (cun prezo de 5 a 25 euros). É importante lembrar que só poderán solicitar esta actividade nenos/as que asistan a outra actividade de 17:00 a 18:00, polo que se se dan de baixa da actividade perderán tamén o "dereito" para asistir á aula de estudo. 
    • Por último, REBAIXAMOS novamente o importe da matrícula a 5 euros por cada actividade (lonxe xa dos 15 euros por actividade de hai dous anos e os 10 do ano pasado). A renovación segue sendo 15 euros.

       

      Procedemento de alta

       Poderase realizar online a partir de 1 de xullo na aplicación de Ampasoft (https://anpamilnenos.ampasoft.net/login) e ata o comezo do curso.
      Os pasos cos seguintes:
      1. Entrar na aplicación co voso usuario e contrasinal
      2. IMPORTANTE: elixir na parte superior da pantalla "curso 2017-2018"
      3. Seguir as instrucións indicadas no documento de instrucións para inscribirse en AAEE ( https://drive.google.com/open?ide=0B-wdvITiY1S0TkZLdENWaHdyY28), que resumimos a continuación.
        1. Ir ao apartado de "Familias"
        2. Picar na lupa á dereita da información da familia
        3. Ir ao apartado de preinscrición
        4. Despregar "Realizar presinscripción"
        5. Escoller o alumno
        6. Seleccionar a actividade ou actividades ás que vos queredes preinscribir. Podeis utilizar o campo "Filtrar" para limitar a lista de actividades mostradas (por exemplo, "Pintura")
        7. Pulsar "Realizar preinscrición"
      Aclaracións ás altas:
      • Debedes inscribirvos na actividade "renovación" de socio para cada un dos vosos fillos, aúnque o cobro será único para toda a familia
      • Para aqueles que non poidan ou non saiban, podeis enviar un correo electrónico a milnenos@gmail.com indicando o problema ou ben esperar o comezo do curso e pasarse polo noso local onde vos atenderemos no horario de sempre, luns de 16:00 a 17:00 e xoves de 09:00 a 10:00.
      • Para as altas de programas municipais, haberá que solicitar a folla de inscrición no local do ANPA.

       

      Procedemento de baixa

      As baixas aínda NON se tramitan por medio da aplicación de Ampasoft.
      As baixas ou modificacións do alumno na actividade serán notificadas á ANPA Milnen@s antes do primeiro día hábil do mes cubrindo o impreso de baixa/modificación. Pola contra pagarase a mensualidade.

      Os pasos son os seguintes:
      1. Descargar o seguinte formulario https://drive.google.com/open?ide=0B-wdvITiY1S0RUZKT0xycjJwRGc
      2. Cubrilo (indicando data de efectos e motivo) e asinalo
      3. Envialo por correo a milnenos@gmail.com

      Publicacións populares deste blog

      APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

        O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

      ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

       APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

      APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

      O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.