Saltar ao contido principal

Consultas/dúbidas AAEE 2016/2017

1.- Respectaranse os horarios das actividades deste ano? Estou a tentar cadrar os horarios dos meus fillos, polo que quería saber cando coñeceremos os horarios do próximo curso, ou iso, se se manteñen ano tras ano os horarios das actividades. En concreto, quería saber o horario de baloncesto e patinaxe para unha nena que empeza 1º de primaria.

A priori os horarios mantéñense case ao 100% pero hai que ter en conta que normalmente os horarios de infantil son os que se manteñen de 4 a 5, e no salto a primaria algunhas actividades xa son de 5 a 6. Por exemplo o próximo ano patinaxe dividirase en infantil e primaria, e os de primaria irán de 5 a 6 previsiblemente
2.- Quería saber se non hai ningunha posibilidade de crear un grupo de fútbol para nenos de infantil. O meu fillo vai a extraescolares de fútbol noutro centro, no que coincide con outros nenos tamén do Emilia Pardo Bazán. E sei de máis xente interesada nesta actividade para nenos que aínda non están en primaria... Se houbese grupo preferimos ir ao noso centro

É unha dúbida que mantemos tamén dentro da propia directiva e que resolveremos esta semana, coa idea de anunciar actividades a partir do día 15 aproximadamente. 

Algúns entendemos que sobre todo a actividade de fútbol en infantil non debe ofrecerse porque é unha actividade á que algúns se dedican en exclusiva a partir dos 7-8 anos e cremos que deben probar outros deportes tamén antes. É unha opinión simplemente. En todo caso só abririamos o grupo de "fútbol de iniciación" a 6º de infantil, nunca a 4º nin a 5º, nin fariamos por tanto un grupo só de infantil.

3. En que consiste a aula de estudo? pódese inscribir un día por semana?

A finalidade da aula de estudo é dar unha actividade ponte aos nenos/as de 2º ciclo de primaria que só asisten a algunha actividade de 5 a 6 que é a única que lles gusta e tiñan ata agora unha hora solta. A idea é que nesa hora poidan facer as súas tarefas/deberes así como ter un monitor/a que poida colaborar con eles/as, así como explicar algunhas cuestións interesantes de técnicas de estudo, etc.

Dada a súa finalidade, pódese solicitar 1 hora semanal e ata as 5 horas semanais (cun prezo de 5 a 25 euros/mes porque dada o seu naturaleza decidimos poñer un prezo "simbólico"). O que é IMPORTANTE é lembrar que só poderán solicitar esta actividade nenos/as que asistan a outra actividade de 5 a 6, polo que si se dan de baixa da actividade de 5 a 6 perderán tamén o "dereito" para asistir á aula de estudo.

4. Na ficha de inscrición o horario de fútbol alevín e benjamín do mércores é ao revés que este curso. É correcto, cambiástelo ou é un erro?

-- O problema do horario de fútbol é que ata agora o horario diferente era o de benjamín e este ano cambiámolo para alevín. Veremos que opcións xorden unha vez que saibamos que actividades van adiante das propostas porque ao poñer en marcha algunhas novas os horarios e espazos están máis axustados.

5.- Cambios horarios fútbol benxamín

O cambio de benxamín fíxose porque dende a directiva pensabamos (se ben semella que por erro) que as queixas do ano pasado eran por ter cada día unha hora diferente, e por iso aproveitabamos este ano para unificar o horario e poñer aos alevíns por ser maiores en dúas horas diferente.

É evidente que polas queixas recibidas os afectados/as de benxamín prefiren as horas do ano anterior 
polo que se manterán as dos ano anterior, que se modificarán nos formularios do blog

6.- Patinaxe:

- Patinaxe este próximo curso incluímola como unha actividade de 2 horas porque haberá monitores dunha escola de patinaxe polo que cremos que poderemos sacarlle un mellor aproveitamento. infantil por tanto tería 2 días de 4 a 5, e primaria 2 días de 5 a 6

7.- Aula de estudo


- A aula de estudo inclúese para facer deberes, pero sen prexuízo diso queremos completalo con algunha sesión destinada a nocións de técnicas de estudo (como facer esquemas, etc). Por iso é polo que se cinguiu ao 2º ciclo de Primaria (o seu prezo será de 5 euros ao mes por día de asistencia, para un máximo de 25 euros mes se asisten todos os días da semana)




Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.