Saltar ao contido principal

POR QUE FACERSE SOCI@ DA ANPA?

  • A ANPA participa no funcionamento das actividades educativas do centro, xestionando os programas de Madrugadores e de Comedor, as actividades extraescolares, a compra do chándal, etc.
  • Tamén organiza e colabora co centro en distintas celebracións, como a Festa de Fin de Curso.
  • Para inscribirse nos servizos de Comedor e Madrugadores é necesario estar ao corrente de pago nas cotas de socio/a e do seguro de accidentes.
  • Os socios teñen desconto na matrícula das actividades extraescolares e no prezo do chándal.
  • A Anpa ten acordos con comercios do barrio dos Rosais que se traducen en condicións especiais para os socios.
  • A cota de socio (15 euros por curso escolar) emprégase para sufragar gastos ordinarios e para organizar as actividades para @s nen@s (exhibición de actividades extraescolares, festa de fin de curso, orlas, etc.).
  • Cantos máis socios teña a ANPA, máis respaldo terán todos os pais/nais/nenos ante outros órganos e máis actividades se poderán organizar.
  • Traballamos de xeito voluntario, por iso todas as colaboracións son importantes...
  • Sen ti nada disto é posible. ¡Asóciate!
Podedes descargar as follas de inscrición na pestaña IMPRESOS

Publicacións populares deste blog

APERTURA PREINCRICIÓNS AAEE, RENOVACIÓN FAMILIAS SOCIAS E COMEDOR 2023/24

  O vindeiro 26 de xullo faremos apertura de inscricións das actividades extraescolares. Coma sempre, a preinscrición será para familias socias e debe facerse a través da aplicación. Non esquezades marcar tamén o seguro e a declaración responsable. Atoparedes toda a información das AAEE ofertadas no noso blog e RRSS con anterioridade a abrir o prazo para poder organizarvos. Coma en anteriores anos, a renovación como familia socia será automática, excepto para o alumnado de sexto que xa promocionou. Neste caso non tedes que facer nada, darásevos de baixa de forma automática. Aquelas familias que, non sendo de 6º, non queiran seguir sendo socias da ANPA, deberán enviar un escrito a milnenos@gmail.com antes do 15 de agosto expresando este desexo. Por favor, revisade a información para asegurarvos de que todos os menores están rexistrados no curso que lles corresponde e os datos de contacto das familias están correctos. A alta en comedor, madrugadores e servizo de cambiadores, farase a tr

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/23

 APERTURA INSCRICIÓNS 0 26 DE XULLO! Preme en cada actividade e terás máis información ( horarios, ubicación, prazas, prezos) Toda a información na páxina do blog de  actividades extraescolares .

APERTURA INSCRICIÓN COMEDOR 2022/23

O vindeiro día 15 ábrese o prazo para a inscrición en comedor das nosas crianzas e rematará o 30 de agosto.  Tramitarase coma sempre a través da aplicación online de Jardanay , e deberedes utilizar : USUARIO: emilia CONTRASINAL: comedores2022 E como novidade, deberedes introducir o voso número de socio da ANPA (dato que ven reflexado na aplicación, ao lado do nome da familia) Poderedes apuntarvos a mañanceiros, comedor e o novo servizo de cambiadores. Achegamos a información Jardanay  onde ven reflexado o detalle de todos os servizos e custos dos mesmos.